venres, 12 de maio de 2017

Cómo se desenvolveu o Movemento Estudantil na Galiza? Perspectivas e críticas da Mocidade Comunista

Remata outro curso para miles de estudantes galegas, un curso marcado por cambios no movemento estudantil, un curso marcado por loitas e ambición de vitoria. Un curso no que o Movemento Estudantil avanzou na súa organización independente, e no que os comunistas actuamos, aínda que con escasas forzas a día de hoxe, con todo o noso esforzo e traballo para convertir ao Movemento Estudantil Galego nun Movemento Estudantil que aglutine a miles e miles de estudantes de todas as ramas educativas e teña vocación revolucionaria. Non temos nada que ocultar. Como comunistas, traballamos na transformación dun Movemento Estudantil que non teña medo de esixir por todos os medios que as nosas necesidades como estudantes se cumpran.



Para entender o que queremos construír, queremos poñer sobre a mesa un feito: se a día de hoxe existe unha forma de organizar á gran maioría dun sector, xa sexa de estudantes, de obreiros e obreiras ou de veciños e veciñas; esta é a organización pola loita das condicións básicas, das necesidades cotiás. Neste senso, non caben fórmulas organizativas que pretenden facer do Movemento Estudantil un clube de amigos con intereses políticos semellantes e preconcebidos, que pretenden facer do Movemento Estudantil unha máquina de ocio.



Á hora de construír o Movemento Estudantil, os comunistas preguntámonos acerca do papel das organizacións políticas dentro do mesmo e a influencia destas no Movemento Estudantil, e concluimos que: se ben é lícito que as organizacións políticas busquen oco nas ferramentas que temos para loitar polos nosos intereses inmediatos, non debemos permitir que as organizacións políticas tomen as ferramentas de loita para dirixir a loita cara os seus intereses políticos e as súas necesidades como organización.



Na construción do Movemento Estudantil como movemento masivo e con vocación gañadora, os comunistas organizados na Mocidade Comunista temos un só interese político no Movemento Estudantil: facer que as nosas reivindicacións como estudantes se cumpran, independentemente da cor política do órgano de goberno ao que nos esteamos enfrentando.



Queremos un Movemento Estudantil no que ao plantexar as necesidades do estudantado, non haxa ningún concello, Xunta, goberno central ou mesmo Unión Europea que nos pare os pés, sexan cales sexan as máns do partido político que sosteñen o goberno de turno.



Resaltamos a folga do 9 de Marzo como unha folga de especial relevancia, na que o Sector Educativo se puxo en pé con independencia de organizacións que, lonxe de loitar polos nosos intereses como estudantes, buscaban rédito político da nosa loita. Neste sentido, supuxo un punto de inflexión para a decadencia para unha parte do sector oportunista, rachando coas dinámicas da política burguesa xeral que ata agora viña lastrando o Movemento Estudantil. Fixose patente a diferencia entre os que loitan polo avance políticamente independente das masas, e aqueles que o único que queren é fagocitar o “movemento polo movemento” , aqueles que pretenden impoñer os seus intereses políticos á maioría dos estudantes. Dende a Mocidade Comunista denunciamos: Fraco favor para o estudantado! En última instancia, no mellor dos escenarios, construiranse ferramentas aglutinadoras dunha conciencia política primaria que só entrará en contradición cos gobernos que ás organizacións instrumentalizadoras lles interese.



Non queremos ese Movemento Estudantil, queremos e imos construír o Movemento Estudantil que necesita a maioría do estudantado, o único movemento con capacidade revolucionaria: aquél que acolle a todo estudante que no seu día a día, no seu centro, no seu fogar ou no seu barrio, necesita loitar por unha educación que satisfaga as súas necesidades económicas e sociais; aquél que pón como elemento único sobre a mesa as necesidades do estudantado.


Neste sentido, para construír, a Mocidade Comunista marca dous obxectivos ou puntos sobre os que traballar:



1.    Loitar sempre para evitar que estas dinámicas toxicas sexan reproducidas polos oportunistas e os revisionistas dentro do Movemento Obreiro e Popular. Para isto os comunistas adicarémonos a traballar, e nada máis que traballar, na construción do Movemento Estudantil que necesitamos como estudantes; sinalando sen ningún tipo de miramento todos os puntos nos que os elementos oportunistas entran en contradición coas necesidades do estudantado, os elementos que impiden construír Movemento Estudantil.



2.    Comezar a construír unha política revolucionaria para o movemento estudantil que rache por completo coas dinámicas tóxicas e aburguesadas dos partidos e organizacións oportunistas baixo os eixos anteriormente propostos: pasar da resistencia limitada contra o Partido Popular e centrada en elementos ideolóxicos que non conforman a centralidade das necesidades do Movemento Estudantil, a unha ofensiva caracterizada por non ceder en ningún momento perante os obstáculos das nosas necesidades como estudantes.

 

Xa comezamos a dar os pasos necesarios en lugares como Ourense e A Estrada, onde o estudantado empezou a organizarse con independencia política no seu día a día. Temos que dar moitos pasos, temos que seguir traballando, non nos conformamos; pero, sen dúbida, supuxo un punto de inflexión no que debemos afondar para ser miles.



Outra parte sería a que lle toca aos oportunistas: cal é o traballo dos oportunistas cando non poden manipular, controlar e impedir o avance do Movemento Estudantil como movemento politicamente independente? O estudantado organizado en A Estrada e en Ourense ben o sabe. O traballo honesto lexitima, os comunistas seguimos construíndo, avanzando.



A Mocidade Comunista, como non podía ser doutro xeito, non nos conformamos con esta pequena victoria. O camiño e longo e as batallas moitas, pero do que si estamos seguras e seguros é da derrota dos oportunistas e da costrución dun Movemento Estudantil con vontade política revolucionaria, que os expulse á retagarda política do movemento estudantil para sempre destruindo as súas estructuras aglutinadoras de inutilidade e reacción (algo que eles mesmos xa sospeitan) e costruindo unhas novas que sexan contedoras dunha conciencia política superior.




Seguimos camiñando.

Ningún comentario:

Publicar un comentario