sábado, 27 de maio de 2017

Ante a causa archivada de Jose Manuel Baltar por acoso sexual




                O pasado día 23 de Maio, a persoa titular dos Xulgados en materia de Violencia de Xénero de Ourense concedíalle o indulto ó Presidente do Partido Popular e da deputación de Ourense, o señor Jose Manuel Baltar, denunciado por tráfico de influencias, cohecho e acoso sexual, o que implica o cese da investigación sobre a súa persoa en relación a uns feitos que nin sequera o xulgado nega que se produciran.

                Dende o PCPE – Comunistas da Galiza e os Colectivos da Mocidade Comunista queremos denunciar a farsa de indulto que se lle concede ó presidente da Deputación de Ourense, xa que en primeiro lugar atenta contra a dignidade da agredida e a reprodución ideolóxica do machismo, e en segundo lugar, pola evidente vinculación e influencia do presidente da Deputación nesta institución. Estes feitos so evidencian unha vez máis a complicidade do sistema xudicial coa burguesía e os seus mamporreros políticos; que a pesar de que existen probas de sobra para continuar coa investigación, simplemente se obvian descaradamente, mantendo en liberdade e en cargo público a un corrupto e acosador como Jose Manuel  Baltar, froito dunha política burguesa completamente dexenerada e podre.

                Non podemos consentir de ningunha maneira que estes feitos se traduzan en impunidade; por iso, dende o Partido Comunista e a Mocidade Comunista, faremos todo o que estea nas nosas mans para que estes feitos non caian no esquecemento, e Baltar reciba unha resposta contundente por parte das traballadoras e traballadores de Ourense; que de ningunha maneira van padecer máis os abusos e excesos dos políticos burgueses nin dos propios capitalistas.

                Sabemos que non podemos ter ningunha confianza no sistema xudicial burgués, e tamén somos conscientes de que so a organización do pobo e a clase obreira pode facer xustiza fronte os seus abusos e excesos.

NINGUNHA AGRESIÓN SEN RESPOSTA!

ORGANIZADAS E ORGANIZADOS NON CONSINTAMOS OS SEUS ABUSOS!

Ningún comentario:

Publicar un comentario