mércores, 14 de setembro de 2016

AGORA É O MOMENTO DE LOITAR POR OUTRA EDUCACIÓN


Encontrámonos en pleno proceso de presentación de becas, becas ás que a gran maioría de estudantes accede para intentar pagar un ano de educación sen ter que depender do traballo dos seus pais ou de ter que currar despois de clase.
Desgraciadamente, moitos estudantes de familias traballadoras non van poder acceder a estas bolsas. Só en Galiza, dez mil alumnos se quedarán sen acceso ás bolsas, xa que un tercio das bolsas demandadas son rexeitadas. Dez mil alumnos que terán que buscarse a vida, facer peripecias para sufragar os gastos da matrícula e de vivir fóra de casa por culpa dos de sempre, dos empresarios e políticos que non soamente nos rouban, senón que nos negan algo tan básico como poder estudar.
Ante isto, a Mocidade Comunista lanza a consigna: Agora é o momento! O momento de esixir becas para todos, para poder acceder ós estudios superiores, pagar as residencias, materiais, transporte… Agora é o momento de loitar por outra educación!
O modelo educativo actual expulsa ós fillos e fillas da clase traballadora. Só en 15 anos, as universidades galegas pasaron de recoller cen mil alumnos a recoller tan só sesenta mil, un corenta por cento menos. Tampouco axuda que as becas se reducisen en 844 euros de promedio, 844 euros que as familias traballadoras necesitan.
A Mocidade Comunista é consciente do pesimismo que hai entre os estudantes das nosas Universidades, pero chamamos á loita, a construír un futuro mellor, a ilusionarse con novo futuro. Temos unha nova proposta de educación, gratuita e ó servizo dos traballadores.

Ningún comentario:

Publicar un comentario