xoves, 14 de xullo de 2016

[Represión] Polo menos 3 de detidos por “enaltecemento a violencia e o odio”



A Garda Civil detivo onte a tres veciños de Cangas por “verter contido violento e de incitación o odio” nas redes sociais, contextualizada na “Operación Tarantula”, empregada para extender o medo, a represión e a paranoia entre a sociedade en xeral, e os elementos máis avanzados e combativos da mesma en particular.
Para comprobar a parcialidade coa que as forzas de represión actúan, neste caso, so temos que observar que a pesar de que nas redes sociais se publican todo tipo de comentarios de contendio “violento e de incitación o odio” so vemos un perfil particular de detidos, xamais vemos a un fascista, ou un machista, ou a un racista, etc…sempre tendo en conta que estos comentarios non son en ningún caso puntuais, se non algo que tende a extenderse e viralizarse.

Neste sentido, os Colectivos da Mocidade Comunista expresamos a nosa máxima solidaridad cos detidos e esiximos a súa posta inmediata en liberdade, distanciándonos poís, de posicionamentos sesgados coma no caso do alcalde de Cangas (Izquierda Unida),  que fan o xogo o aparato de represión e xudicial, o cal expresaba que "Non vou condenar a Andrés sen que antes o condene un xulgado", a solidaridade para nos, non depende dunha sentencia xudicial.

Non podemos consentir que a mocidade caia nas garras da deseperanza nin da represión.


Liberdade detidos!

Comité Nacional de Galiza dos CMC

Ningún comentario:

Publicar un comentario