martes, 31 de maio de 2016

[Pontevedra] Parque de Maquinaria en loita polos seus dereitos



Os traballadores públicos e asalariados do Parque de Maquinaria e as brigadas da Deputación Provincial de Pontevedra, baixo o goberno autoproclamado progresista do PSOE e BNG, convocan xornadas de folga dende o pasado 12 de abril con sendas concentracións ás portas do pazo provincial.
A determinación dos traballadores nesta loita, que tamén afecta ao Taller e Planta de Aglomerado,ven ocasionada pola imposición dunhas condicións laboráis e de organización dos servizos que fai improdutiva a súa forza de traballo, e que por engadido non deixa ningún marxe posible para a negociación coa representación sindical.

Esta nova ofensiva da patronal especuladora, que por medio dos seus axentes políticos impón un sistema de organización inviable e descoordinado, ao tempo que se achega o vencemento da concesión dos terreos públicos nos que se asentan estes centros de traballo, ten como única finalidade a precarización gradual dos servizos prestados e das condicións laboráis dos traballadores, como xustificante dunha privatización premeditada destes servicios en beneficio da mesma burguesía que impulsa este proceso e marea á clase obreira dende as institucións.

As mesmas formacións políticas reformistas e oportunistas que se declaran firmes defensoras dos “dereitos da maioría social”, que se din representantes lexítimos dos intereses da clase traballadora, que erguen a bandeira do proletariado únicamente para proveito eleitoralista ocasional das súas formacións, ou habitualmente para distraer dos seus intereses reais aos traballadores cando entran en conflito directo cos intereses especulativos da patronal explotadora, esas mesmasforzas,hoxe evidencian aínda en maior grao a mesma política liberal do espolio a favor dos empresarios e contra a clase traballadora, anque cun berniz democrático e sobradamente ambigüo e contraditorio.

Esas formacións políticas, que pretenden a reforma dun sistema de explotación ao servizo dos empresarios dende a participación eleitoralista neste sistema, que chegan á difamación e criminalización dos obreiros para xustificar a súa praxe, e que practican sistemáticamente a anteposición de cuestións secundarias á cuestión radical da loita de clases cando derivan exclusivamente désta, únicamente conseguiron coa súa instrumentalización das loitas e forzas sindicais a confrontación eterna entre sectores da clase obreira, mantendo como beneficiaria exclusiva á burguesía especuladora e explotadora que ostenta a propiedade ilexítima dos medios no seu proceso de acumulación.

A loita dos traballadores do Parque de Maquinaria da Deputación é a loita contra os mesmos explotadores que precarizan e parasitan a nosa sanidade, que privatizan os nosos servizos públicos en todo o estado, e que especulan cos nosos recursos e forza de traballo para engordar os seus beneficios a costa da nosa explotación e miseria, servíndose dos seus axentes políticos de turno.

Os traballadores e traballadores de Pontevedra, os parados e estudantes da clase traballadora que nutren de forza de traballo escrava os centros de explotación da patronal ou malviven da súa caridade, as forzas sindicais e colectivos en loita na defensa do seu posto de traballo e dereitos, debemos reforzar a loita dos nosos traballadores do Parque de Maquinaria e facela unitaria de tódolos sectores da clase obreira que padecemos a privación e privatización doutro servizo público e a destrucción de máis postos de traballo na comarca.

A patronal está unida e emprega tódolos seus medios na súa ofensiva depredadora. A única opción para unha vitoria real dos traballadores é a nosa unidade e solidariedade de clase, por riba de calquer afiliación sindical ou partidaria, para a lexítima defensa dos nosos postos de traballo, servizos e dereitos ante os especuladores golpeando cunha soa forza, sabendo que non hai ninguha posibilidade de mellora das nosas condicións de clase sen presentar a loita en cada centro de traballo, ata que os traballadores sexamos os propietarios lexítimos de tódolos medios de producción, dispostos entón ao verdadeiro servizo e intereses reais da gran mayoría traballadora e oprimida neste sistema criminal.

Chamamos á unidade de toda a clase obreira cos traballadores en loita, á solidariedade de clase en cada loita obreira, e á defensa conxunta dos seus postos de traballo e dos nosos servizos públicos, contra o capital especulador que non pode saír da súa crise máis que aumentando a nosa explotación e represión.

Unir as loitas, organizar vitorias!

Ningún comentario:

Publicar un comentario