sábado, 27 de febreiro de 2016

[Pesca] Manifestación contra a lei de acuicultura

Dende os Colectivos da Mocidade comunista, queremos saúdar de forma enerxica a colosal e exitosa movilización nacional acontecida hoxe a maña en Compostela por mor da lei de acuicultura, unha lei imposta que pretende precarizar máis as cotas de pesca de Galiza, co que iso supon para un sector estratexico do noso país.

Dende os CMC entendemos que tan so a movilización organizada e politicamente independente da clase traballadora pode acadar exitos notabeis para a mesma. O acontecido hoxe, precedido dunha forte organización do sector (a acampada de máis de 90 dias didiante do parlamento galego, dos traballadores do sector) e de numerosas movilizacións, culmina ca retirada do borrador de lei de acucultura, un exito notabel, que pon de manifesto a necesidade de reactivar as movilizacións clasistas e combativas, fixandonos como obxectivo estratexico quenes provocan a a ruína dos nosos sectores productivos asi como a pobreza da nosa clase, que non é outra cousa que o capitalismo e gran burguesía monopolista xunto co seu brazo executivo, a Unión Europea.

Salvar a pesca do cerco, saírnos da Unión Europea!

Secretariado Político
Comite Nacional dos CMC

Ningún comentario:

Publicar un comentario