luns, 1 de febreiro de 2016

[Enquisa de Poboación Activa] O futuro da mocidade galega: pobreza e precarización



Esta semana coñeciamos os últimos datos do cuarto trimestre do ano 2015 da Enquisa de Poboación Activa (EPA) realizada polo Instituto Galego de Estatística (IGE). Á mocidade galega (a poboación comprendida entre os 16 e os 29 anos) estes datos non nos dan ningún respiro. A mocidade traballadora non ve por ningures a “recuperación económica” da que tanto falan dende o goberno central e dende a Xunta de Galicia.

Segundo os datos do IGE, dos 332300 mozos e mozas galegas, tan so o 34.9% está ocupado, é dicir, que a lo menos traballan unha hora a semana, o 16.5% son parados, os desempregados clásicos, e o resto, o 48.6% son poboación inactiva, é dicir, o mal crónico da economía capitalista, milleiros de mozos e mozas que non teñen traballo e que tampouco o buscan, unha enfermidade endémica do sistema de produción capitalista.

Por si a situación non fora xa de por si dramática, observamos que si desagregamos os datos con respecto a taxa de ocupación e centrámonos nos “asalariados” (xa que hai traballadores que se lles considera “non asalariados”, é dicir, traballadores gratuítos ou por un custe ínfimo para o burgués), aproximadamente 100300 mozos e mozas, atopámonos que a taxa de temporalidade do emprego da mocidade desta franxa de idade é dun 59,5%, é dicir, que máis da metade dos empregos que a día de hoxe existen no noso país están altamente precarizados e non permiten ningunha estabilidade laboral no emprego co que iso conleva: Unha calidade de vida pésima para a mocidade traballadora. Tamén podemos observar que da mocidade ocupada tan so o 75.5% tería “xornada completa”, é dicir que o 24.5% restante sería “xornada parcial”, ou sexa, preto dun cuarto da poboación moza galega esta condenada a unha xornada laboral reducida con un salario por tanto, menor o que podería cobrar un traballador se tivera xornada completa, en definitiva, un abaratamento do traballo. Ademais a diminución con respecto o ano pasado dos contratos de xornada completa e máis aguda que a diminución dos contratos a xornada parcial (aproximadamente unha diferenza de tres puntos porcentuais), polo tanto sabemos que o emprego que se esta a xerar de nova ocupación, serían empregos de” baixa calidade”, polo reducido salario que deles se derivaría, un método moi “á alemá”, xa que aumentaría o emprego á versión españolizada dos chamados “mini-jobs”.

En todo caso a situación é alarmante, a mocidade en Galiza esta condenada a un emprego precarizado e de baixísima calidade, e esta situación dase no mellor dos casos, xa que na peor das situacións os mozos e mozas galegos non teriamos emprego nin salario do que vivir, e mal que nos pese, esta ultima é a situación máis probable e a que padece a meirande parte da mocidade, toda unha xeración de mocidade traballadora en risco de pobreza. 

Todo apunta a que os empregos do futuro serán os que a dia de hoxe imos tendo, é dicir, de baixa calidade, moi “flexibles” (pra botarnos a rúa principalmente) e con uns salarios ridículos, o que implica tamén unha redución dos nosos dereitos laborais e unha redución da nosa calidade de vida como clase traballadora, que xamais imos recuperar neste sistema decrepito. 

Fronte a esta situación non queda outra máis que organizarse para derrubar o sistema que nos condena á pobreza e nos expríme ata a ultima gota do noso traballo para que o burgués de turno poida seguir vivindo e enriquecéndose a expensas do traballo da nosa clase.




[1] Enquisa de poboación activa. Cuarto trimestre de 2015”, publicada o 28/01/2016, polo   Instituto Galego de Estatística

Ningún comentario:

Publicar un comentario