xoves, 18 de febreiro de 2016

[Compostela] A USC volve acoller outro caso de acoso machista.



Este luns volvíamos a coñecer a noticia de que se produciu outra agresión machista, desta volta, na facultade de economía da Universidade de Santiago de Compostela, cando unha rapaza foi victima do intento de humillación machista dun profesor mentres estaba a impartir a súa clase, ante estes feitos vémonos na obriga de denuncialo públicamente.

Os feitos prodúcense case o comezo da clase, cando o profesor incomodase porque os seus alumnos supostamente chegan tarde e queixase decindo “que lle molestan os ruídos dos bolígrafos e o escote” da victima, e é neste preciso momento cando comeza o acoso do profesor a súa alumna. Cando o profesor fixo este comentario a afectada queixouse dicindo “que el non podía decirlle como se tiña que vestir” o que o profesor respostou que “xa advertira de que o seu escote o distraia e que si insistía nesa forma de vestir, para o proximo dia que se puxera na fila de atrás” . Acto seguido varios alumnos abandonan a clase indignados ante a actitude do acosador, chamandolle machista, o que o profesor respostou que “Se fose machista pegábache unha hostia”. Posteriormente a alumna presentaría unha denuncia administrativa ante o decanato, e agora mesmo, a universidade esta a “investigar si o profesor increpou a alumna”.

Escoitabamos hoxe o responsable de comunicación da USC o cal afirmaba que lle ían dar tratamento a esta situación nun prazo maximo dun mes. Pola contra nos esixímoslle a Universidade que non hai nada que “investigar” que isto xa é un mal endémico da propia universidade e esiximos a expulsión deste profesor da universidade xa, entendemos que a toleracia co machismo ten que ser 0 e a resposta inmediata, nos non imos dar o noso brazo a torcer ante a multitude de ataques que se levan producido. Ademáis entendemos que o “tratamento” que pretende dar a USC a esta situación vai ser simplemente testimonial, que non vai ter repercusión real para o machismo endémico da USC, respecto a isto, tan so nos temos que remitir o caso de Domingo Neira o cal polos seus reiterados e continuos ataques o colectivo LGTB  abriranlle un “expediente”, que na practica se traduciu en nada xa que finalmente a universidade optaría por reincorporalo á docencia, é dicir, a homofobia queda impune o igual que pasará neste caso, sen embargo, a universidade ten que ter claro que nos iso non o imos permitir de ningunha maneira, estamos fartas dos seus ataques!

Ante todo o ocorrido non podemos ficar caladas, este non é un feito illado, nin algo que a día de hoxe sexa un comportamento puntual de algún profesor, se non que forma parte de multitude de agresións machistas, homófobas e racistas que xa se levan producido baixo o paraugas da USC. Dende os Colectivos da Mocidade Comunista pensamos que xa é suficiente de ataques as estudantes da USC. 

En definitiva, esiximos a expulsión inmediata deste individuo da universidade, o machismo e o acoso sexual non debe quedar impune xamais! os e as estudantes conscientes e organizadas non o imos permitir xamais a impunidade do machismo.


Comite Nacional dos CMC en Galiza
Celula dos CMC en Compostela

Ningún comentario:

Publicar un comentario