mércores, 10 de febreiro de 2016

[Compostela] Nin unha agresión homófoba máis! Solidaridade e unidade!



Na tarde do pasado sábado, día 8 de Febreiro, produciuse unha agresión de carácter homófobo por parte dun individuo na rúa de Galeras da capital galega. O agredido foi golpeado en multitude de ocasións e sen mediar palabra por individuo que berraba «maricón» ou «sidoso de mierda, espero que no me contagies nada» mentras o agredido procedía a entrar no supermercado “Familia” da rúa.

Solidarizámonos co novo agredido, así como con todo o colectivo LGTBI, e mostramos a nosa repulsa ante estes ataques.

Estes feitos, cada vez menos illados, son unha clara mostra do avance da homofobia no noso país, o cal fai gala en cada agresión dos seus valores máis reaccionarios e retrógrados. Facemos un chamamento ao conxunto da clase obreira e o pobo traballador a non caer no engano do discurso fascista, que trata de dividirnos en base á identidade sexual, o xénero, a nacionalidade ou a raza co obxectivo de que perdamos de vista ao noso único inimigo, a burguesía. Velaquí a súa razón de ser, enfrontarnos a explotados e oprimidos entre nós para que non loitemos pola nosa emancipación.





Só a través da organización e a unidade poderemos facer fronte e erradicar a secuela da homofobia para costruir unha sociedade saúdabel, onde os prexuicios e as agresións por cuestión de xénero, raza ou identidade sexual, sexan cousa do pasado.

Non á persecución da diversidade sexual en Compostela!

Ningún comentario:

Publicar un comentario