mércores, 6 de xaneiro de 2016

[Lugo] Sobre o acontecido ca patronal de Lugo e a tractorada


Nestes dias coñeciamos a noticia de que o empresariado lucense comeza a presionar os gandeiros para que abandonen a súa loita, ameazandos con darlle 48 horas para que abandonen a cidade ou comezarán a tomar cartas no asunto mediante a subdelegación do goberno (que tomaría as contundentes medidas oportunas por suposto) e a súa represión.

Hoxe ademais coñeciamos o "destacado" papel do goberno municipal de Lugo que se reafirma como un instrumento do poder burgués, de conciliación entre clases atagónicas: aqueles que loitan por unha vida digna e que so teñen a súa forza de traballo como valedora da súa subsistencia e a clase acomodada, que se apropia do beneficio da clase traballadora. O concello de Lugo e Lugonovo criminalizan a tractorada facendo gala dos seus intereses como organizacións do poder.

A resposta dos Gandeiros non se fixo agardar. Froito da clamorosa necesidade da mellora das súas condicións laborais e de vida, que están lonxe de ser dignas, os gandeiros reafírmanse na súa loita, a pesar das ameazas por ambas partes, tanto pola parte do goberno muncipal como da patronal que quere derribar, unha vez mais, unha loita popular do pobo.

Ante istes feitos denunciamos a actitude do goberno municipal inmobilista que os fai cómplices de todas as artimañas da patronal e da burguesía lucense por desarticular esta lexitima loita e tamén dencunciar a colaboración explícita de Lugonovo cos intereses da patronal. Por tanto, apoiamos os gandeiros en loita, e chamamos a que a clase obreira e as capas populares da cidade se solidaricen activamente con esta lexitima loita.


Ningún comentario:

Publicar un comentario