martes, 12 de xaneiro de 2016

[Opinión] Suicidios: crime e patoloxia capitalista.



Esta semana coñeciamos a nova de que varios investigadores de distintas universidades, partindo da facultade de economía da Universidade da Coruña e mais concretamente dos investigadores, Berta Rivera, Bruno Casal e Luis Currais que son tamén membros do grupo de investigación Macrosalud, viñan dende ai algún tempo traballando para a revista The European Journal of Health Economics nun artigo, que publicarán proximamente, (Crisis, suicide and productivity losses in Spain) o cal trata a terribel temática da posible relación existente entre algúns indicadores económicos do estado (estreitamente vencellados a crise) e o incremento na taxa de sucidios case patoloxico que afectan a todo o estado español. Para facernos unha idea da relevancia da investigación, os profesores explicaban que entre 2012 e 2013 a principal causa de morte entre persoas de 15 e 44 anos, é o suicidio. En todo caso, a evolución desta tendencia é positiva ata a actualidade, segundo nos explicaban. Ante estes reveladores resultados temos que dicir: Non son sucidios, son un crime! Son un xenocidio perpetrado con total impunidade, trataremos de botar algo de luz sobre o asunto (sumido completamente na tebra informativa e mediática, istes datos non interesan á opinión publica mais que para un ambiente “académico”) con algunhas reflexións.

Aos grandes empresarios e ''líderes do cotarro'' non lles interesa a nosa saúde mental, non lles interesa a nosa necesidade de traballo, só lles interesa que xeremos a suficiente plusvalía para poder soster os piares das empresas que van a pique, esixen que co noso traballo lles consigamos sumas grandísimas de cartos cun salario ridículo e se non o conseguimos non teñen inconvinte con mandarnos ao paro.

O peor: Eles foron os que non souberon manter as súas grandes empresas, eles foron os que traspasaron as ganancias a inversións en accións e no mercado improdutivo; eles foron quenes non souberon cómo reaccionar ás tendencias anárquicas que a produción dos seus propios monopolios xeraban; eles foron os que coa súa ferocidade e ansia capitalista por acumular máis e máis nos levaron a esta situación de morte e pobreza laboral; eles son os que seguen gañando a costa nosa.

Non hai outra no capitalismo, as grandes empresas cada vez son máis grandes e menos en cantidade, as que non son un monopolio loitan pola súa supervivencia e necesitan sacarnos o máximo posíbel e no momento que esas empresas queiran: De aí que máis do 90% do traballo sexa temporal, de aí que os salarios sexan cada vez máis baixos.

Así podemos entender tamén que co incremento de tecnoloxías produtivas e a acumulación destas tecnoloxías nos monopolios, cada vez sexan menos traballadores e traballadoras os que necesiten para elaborar o mesmo produto. Así podemos entender que cada vez haxa máis persoas no paro: Cal é a solución que teñen para o pobo traballador? Ou traballo empobrecido ou morte. Morte por desafiuzamentos, morte por guerras e mortes por suicidio.

Do pobo que non é desafiuzado ou mandado á guerra, son os medios comunicativos os que se encargan de que se fagan sentir culpabeis pola situación na que viven: debido a que viviron ''por enriba das súas posibilidades''; dicindo que eles son os culpabeis da súa situación e que deberían de ter vergoña se non achan traballo ou se non aceptan traballar por cincocentos euros ao mes cantidades inxentes de horas en situacións de inseguridade laboral; menospreciando as cualificacións como FP ou Titulacións universitarias ''de segunda'', etc….

A través de películas, series, informativos e anuncios a gran burguesía dí cómo temos que comportarnos, do que temos que avergoñarnos, cómo temos que aparentar, qué é bo e qué é malo, asegurando despois que o entramado social no que nos movemos repiten e reproducen os prexuícios que aprenderon da burguesía.

Que non nos enganen! Para a burguesía é bó que nos aillemos, para a burguesía é bó que non teñamos saúde (nin mental nin física), para a burguesía é bó que aprendamos o rol individualista, para a burguesía é bo que no momento axeitado nos suicidemos, para a burguesía é boísimo que non nos organicemos contra a barbarie.

Temos que denuncialo! Cada suicidio é un crime patronal!


Pablo Mendizábal Recuna
Militante dos CMC
 



Ningún comentario:

Publicar un comentario