sábado, 23 de xaneiro de 2016

[Compostela] Non á ilegalización das organizacións políticas



Para mañá domingo 24 de Xaneiro está convocada unha manifestación que percorrera as rúas de Compostela para loitar contra a ilegalización das organizacións políticas  e polos dereitos civís e políticos.

Dende os Colectivos da Mocidade Comunistas chamamos os mozos e mozas da Galiza a solidarizarse con esta causa e loitar activamente por ela, transformando as reivindicacións puntuais en organización activa e combativa contra o sistema capitalista, así como tamén chamamos a acudir a manifestación convocada para este domingo e que sairá da alameda de Compostela as 12:00h.

Expresamos tamén o noso máis sincero apoio a organización política Causa Galiza que foi vítima dunha persecución política a todos os niveis, así como condenamos con rotundidade a súa ilegalización. Esta operación política realizada polo aparato represor do estado evidencia algo que padecen traballadores e traballadoras no resto do estado: O estado español capitalista, reprime indiscriminadamente sen necesidade de ter a máis mínima xustificación para elo, e non lle tremerá o pulso para reprimir e ilegalizar se fai falla a organizacións e traballadores que mostren a súa desconformidade co sistema e se organicen para loitar contra o mesmo, independentemente da ideoloxía que poidamos ter. Sempre en contra do capitalismo e o seu sistema bárbaro e feroz.

Tamén somos moi conscientes de que a loita pola liberdade plena de dereitos políticos dos traballadores e as traballadoras así como dos sectores populares da sociedade, non pode ir separada nunca dunha loita contundente contra o capitalismo, xa que é precisamente este sistema o que xera esa represión que sufrimos a diario.





Todos e todas a rúa para defender as nosas liberdades políticas!
Non permitamos máis atropelos dos nosos direitos politicos!



Ningún comentario:

Publicar un comentario