sábado, 7 de novembro de 2015

Solidariedade con Aarom, Atanes e Mario.

O día 10 de Novembro o estado español  pretende xulgar   os estudantes  Aarom,  Atanes  e  Mario.  Os feitos polos que van ser xulgados  teñen relación cun escrache a Feijoo feito  en Outubro do ano pasado.

O 23 de Outubro de 2015 Feijoo pretendía inagurar,  a pesar de ser un dos responsables da situación de extrema penuria económica que atravesan as universidades galegas e de ser membro dun partido que promove leis que so favorecen a educación privada,  a XV conferencia de decanos de matemáticas que tiña lugar na facultade da USC.  Con este acto Feijoo  quería mostrar que  a oposición cara o seu partido , no ámbito educativo, era máis pequena do que pensaba a xente.

O mov. estudiantil de Santiago entendeu  que  Feijoo non podía sairse coa súa e polo tanto decidiu organizarlle un escrache,  co obxetivo de que non fora el quen  inagurara o acto xa que o sistema universitario público pouco lle debe a estas marionetas da oligarquía que tratan de desmantelar todo o público para deixarlle o terreo abonado as empresas que queiran facer negocio nestes sectores. Cabe destacar que o mov estudiantil nunca se opuxo a conferencia de decanos, de feito esta celebrouse con normalidade unha vez que estivo confirmado que Feijoo non ía inagurala.

Os estudantes que foron o escrache encontráronse cun dispositivo policial desproporcionado.  Os policías non ían vestidos de uniforme e en ningún momento identificáronse como tal. Estos axentes foron os que empezaron a agredir a estudantes. Ante esta situación os xóvenes trataron de defenderse como podían. Unha  vez que o coche no que ía Feijoo saíu do Campus da USC deuse por rematado o escrache sen ningunha detención.

Os días seguintes a prensa burguesa encargouse de criminalizar a protesta publicando as fotos nas que os estudantes defendianse da policía pero ocultando que foron os escoltas de Feijoo quenes iniciaron o conflicto. Foron estas fotos as que permitiron a detención dos tres estudantes, nos días posteriores o escrache. Os delitos dos que están imputados son  “atentado a autoridade”, “lesións” e “desordes públicos” e as penas que lles piden son 9 anos de prisión e unha multa económica en concepto de indemnización. 


Dende os Colectivos da Mocidade Comunista consideramos que estamos diante du xuízo político cuxo fin é meter medo e paralizar o mov. estudiantil compostelán, por este motivo chamamos a que os estudantes de extracción obreira e popular mostren a súa solidariedade con estos rapaces, xa que só a amplia movilización da clase obreira   e a solidariedade consiguirán  a absolución destes compañeiros e impedirán que o estado cumpra o obxetivo de meter medo o estudantado galego.

Ningún comentario:

Publicar un comentario