martes, 17 de novembro de 2015

Crónica mobilizacións do sector lacteo

Estos días poidemos ler nalgúns medios que vendo que non se cumprían os obxetivos do acordo lácteo os gandeiros planteaban volver a mobilizarse , facendo presión nas industria. É lóxico preguntarse ante esta noticia: Que reinvindican os gandeiros e porqué é tan malo o anterior acordo?. Para responder a estas preguntas o mellor é repasar as anteriores mobilizacións gandeiras, o cal vai ser o obxectivo deste pequeno artigo.

Recentemente a UE decidiu cambiar a política de cuotas e empezar unha nova política caracterizada pola liberalización do sector, o cal provocou a caída de prezos da leite. Para respostar a esta situación os gandeiros de todo o Estado mobilizáronse para esixir prezos que cubriran os custos de producción. Así, o día 25 de Agosto saíu de León unha marcha de gandeiros que acabaría chegando a Madrid o día 4 do mes seguinte. Mentres tanto en Galicia sucederonse varias tratoradas, destacando as do día 4 de Setembro en Lugo e a de Santiago do 7 ao 10 de Setembro.

A tratorada de Lugo transcurriu sen problemas, destacando a solidariedade de numerosos pequenos comerciantes locais que decidiron pechar o seu negocio como mostra de apoio co sector gandeiro. Ao final da mesma un grupo de gandeiros comezaron a encrepar aos políticos e sindicatos dificultando a lectura do manifesto. Este mesmo grupo consegue convencer ao resto de gandeiros para quedarse rodeando a muralla de xeito indefindo.

A tratorada en Santiago de Compostela tivo unha participación moi numerosa. Dende o primeiro día sucéndense numerosos actos revindicativos: bloqueos a centros de distribución como Mercagaliza, repartos gratuitos de leite, etc. Estes actos rematarían cunha gran manifestación o 10 de Setembro, da cal decidiron descolgarse os gandeiros lucenses que estaban concentrados na Ronda da muralla. A pesar disto a foi todo un éxito de asistencia.
Despois do día 10 os gandeiros inician un novo ciclo de mobilizacións no cal paralizan a industria do sector. Neste punto os gandeiros son branco de distintos ataques : Desplazáronse varias dotacións antidisturbios a Galiza, e empresas como Lactalis ou DIA deciden denuncialos. DIA tamen trata de enfrentar obreiros contra gandeiros ao anunciar un peche patronal da sua empresa distribuidora en Santiago.

O bloqueo á industria leiteira provoca a división entre os gandeiros en loita: os que estaban concentrados en Lugo deciden desconvocar a tratorada indefinida porque non compartían a idea de paralizar as industrias. Posteriormente este grupo lanzan difamacions vertidas cara os gandeiros que participaban nos bloqueos. O voceiro de este grupo, Roberto López Rivas chegou a decir nunha entrevista do diario El Progreso (publicada o 15 de setembro de 2015) que “ O estrano é que, nesas mobilizacións, frente as industrias, non está a haber só gandeiros. Máis ben, gandeiros hai poucos. Hai xente que non ten nada que ver co sector e está alí.” Todos estes ataques fixeron mella e acabaron provocando que se desconvocara a paralización da industria o día 16. Despois de este periodo, as mobilizacións paran en espera o acordo que se firme en Madrid o día 23 de Setembro.

A pesar das grandes mobilizacións o goberno continou fiel a súa política a favor dos intereses dos grandes monopolios, pois o acordo firmado non pasa de ser unha declaración de boas intencións. As maiores críticas que lle fan os ganadeiros é que non se fixan criterios obxetivos para determinar o que o goberno define como prezo sostible e que carece de garantías xurídicas para cambiar os malos hábitos da industria. Estes motivos provocaron que Unions Agrarias e COAG (organización a que pertence ao Sindicato Labrego Galego) non firmaran este acordo.
A día de hoxe, os gandeiros anuncian que van retomar as manifestacions nas próximas semanas, pois a situación non mudou e os prezos seguen sen subir, para continuar loitando por un prezo xusto. Nestas movilizacións os Colectivos da Mocidade Comunista seguiremos estando presentes co dobre obxetivo de apoiar a loita dos gandeiros contra os grandes monopolios que queren vivir a causa da súa miseria é o de trasmitirlles a necesidade de romper coa UE, o € e en definitiva co sistema capitalista para que as políticas non busquen sempre o maior beneficio dos grandes monopolios.




Ningún comentario:

Publicar un comentario