luns, 30 de novembro de 2015

365 días sen jimmy, 365 días de impunidade para o Frente Atlético

Hoxe cumplense 365 días dende o asesinato do hincha do deportivo “Jimmy” a mans da banda fascista do Frente Atlético. Dende aquela vimos como a xustiza trata de protexer os fascistas que o mataron. A día de hoxe só hai un menor  imputado por homicidio,  e podemos leer na vanguardía(http://www.lavanguardia.com/deportes/futbol/20151129/30470727005/investigacion-asesinato-jimmy-riazor-blues-frente-atletico.html) que é probable que se retire tamén esa imputación. Co cal deixaría de haber imputados por homicidio, e so os habería por riña tumultuaria, é decir por unha pelexa. A xustiza parece que lle importa pouco  que as probas desmintan que fora unha quedada entre ambos grupos para zurrarse antes do partido(https://www.diagonalperiodico.net/libertades/24901-varios-testigos-desmontan-la-version-oficial-del-asesinato-jimmy-manos-neonazis-del)

Os comunistas non nos sorprende esta forma de actuar da xustiza, xa que sabemos que os fascistas son os matóns da burguesía  que se encargan de atemorizar a clase obreira e de dividila en nativa e extranxeira .  Ademáis estamos acostumados  a que os nazis saian de rositas cada vez que se ven coa xustiza, por exemplo  temos o antecedente de cando a guardia civil destruiu as probas contra un grupo neonazi valenciano (http://postdigital.es/2014/07/01/guardia-civil-destruye-pruebas-grupo-nazi-antes-juicio-p10187/#sthash.yNK6CpG8.dpbs).
Tamén cabe preguntarse que fixo a Liga de futbol e o seu presidente Tebas ante este conflicto. A posición de Tebas, foi a de tratar de meter no mesmo saco a todos os grupos ultras e tratar de despolitizar o asesinato,  como se a ideoloxía  fascista do Frente Atlético non importara.  Ademáis cabe destacar que as medidas propostas por Tebas, pouco durraron no caso do Frente Atlético xa que pronto volveron a ser admitidos no fondo sur e siguen véndose as súas pancartas  (http://www.elplural.com/2015/05/01/las-pancartas-del-frente-atleti-vuelven-al-calderon-transcurrido-apenas-medio-ano-del-asesinato-de-jimmy/).

Ante isto a clase obreira debe mostrar a súa solidariedade coa familia de Jimmy para que se faga xustiza e se acabe coa impunidade  dos grupúsculos fascistas tanto nos estadios como nos tribunais burgueses.


Loitemos por un deporte o servizo da clase obreira, libre de odio e xenofobia.  Loitemos para que en todos os estadios de futbol haxa o mesmo ambiente de irmandade entre aficións que o vivido no derbi galego https://www.youtube.com/watch?v=-rM8f2IlO48

Ningún comentario:

Publicar un comentario