luns, 26 de outubro de 2015

Amancio Ortega, empresario "feito a si mesmo" e solidario, ou un simple explotador?

Cada vez que a revista Forbes saca a lista dos homes máis ricos, faisenos crer que é un  honor ter un compatriota nesa lista. Un exemplo é a difusión  que se lle deu dende  a prensa burguesa a que Amancio Ortega ocupou durante unas horas  o posto máis alto nesta lista. Nestas noticias destacábase os orixes humildes de Amancio e o seu carácter solidario. Un comunista debería preguntarse, como con todo o que lee dos medios de información que controla o capital privado,  se iso é certo. Pode unha persoa que non ten nada facerse multimillonaria só pola súa habilidade inata os negocios? Unha persoa que vive do suor dos traballadores  pode ter auténticos actos de solidariedade?.  Neste pequeno artigo trataremos de responder a esas preguntas.

Si que é certo que Amancio non provén dunha saga familiar que levara vivindo a costa dos traballadores durante xeracións, como pode ser o caso de Rato ou Emilio Botín, pola contra Amancio era fillo dun ferrovario. Quere decir isto que Amancio só debe a súa fortuna a si mesmo? A resposta é non,  Amancio debe a súa fortuna as traballadoras galegas, brasileiras, marroquís e a toda persoa  que en calquera parte do mundo traballa por un salario mínimo confeccionando as roupas que logo son vendidas en ZARA, Stradivarius,  Lefties ou calquera cadea de tendas do grupo Inditex.  Traballadores que en moitas ocasións non son contradas por Inditex, senón que son subcontratadas ou traballan como falsas autónomas. Esto non é unha difamación  de “malvados” comunistas que están resentidos por que non son tan intelixentes  como Amancio, senón que é a propia prensa burguesa quen o admite,  por exemplo nun artigo do diario El País titulado Las mujeres de Inditex(http://blogs.elpais.com/3500-millones/2012/08/las-mujeres-de-amancio-ortega.html), podemos leer  a seguinte frase que resume como foron os inicios de Inditex en Galicia:
“El pequeño taller de mi casa cosió unos doce años para Zara. Cinco mujeres a las que se les pagaba unas 150 pesetas por cada pantalón confeccionado. No estaban aseguradas, no había contrato. Solo cosían y cobraban. Con el tiempo algunas mujeres fueron regularizas pero otras no. Nadie se preocupaba de si eso era legal o no porque era algo “habitual” en el mundo del textil.”

Na actualidade debido a inclusión do estado Español no imperialismo europeo Inditex convertiuse nun gran monopolio, que ademáis de explotar a clase traballadora galega explota a de outros países.  Por exemplo , en Brasil foron desmantelados varios talleres ilegais (http://www.elconfidencial.com/espana/2011-08-19/brasil-acorrala-a-inditex-detectados-otros-30-talleres-de-esclavos-vinculados-a-zara_251132/),  en  Marruecos as traballadoras de Inditex traballan 65 horas semanais por 178 euros o mes (http://www.elmundo.es/elmundo/2012/01/14/galicia/1326541713.html), Inditex tamén estivo involucrada en varios accidentes laboráis en Bangladesh(http://www.lamarea.com/2013/01/28/la-fabrica-incendiada-en-bangladesh-podria-estar-subcontratada-por-inditex/),  e na India  utiliza a nenos esclavos para confeccionar a súa roupa(http://www.elconfidencial.com/espana/2012-03-23/trabajo-esclavo-en-la-india-tres-empresas-espanolas-estan-incluidas-en-la-lista-negra_234092/), pero tampouco fai falta irse tan lonxe para encontrar casos nos que Inditex este relacionada coa explotación laboral xa que en Galicia sigue usando o método de subcontratar para tirar a baixa as condicions laborais  como recolle o seguinte artigo do diario  La Marea (http://www.lamarea.com/2013/08/30/inditex/).  Ata agora, só falamos da explotación que sofren as costureiras do monopolio Inditex pero os dependientes das tendas   tamén sofren unas condicions de traballo pésimas, cuns horarios totalmente flexibles, facendo horas extra que non van cobrar etc (http://www.unidadylucha.es/index.php/juventud/1597-el-dependiente-joven-o-la-extrana-sospecha-de-estar-siendo-explotado).


A pesar de que se lle da escasa difusión as noticias as que fixemos referencia neste artigo, a clase obreira galega sigue sendo consciente de quen é en realidade Amancio Ortega e asi o reflicte na cultura popular, como a canción “Rosiña… na Quinta” do grupo de folk Quempallou.  Esto leva o explotador Amancio Ortega a tratar de lavar a súa imaxe dando o diñeiro que lle sobra a  manter dereitos dos traballadores como a sanidade pública (http://politica.elpais.com/politica/2015/10/22/actualidad/1445529300_703581.html). Dende os Colectivos da Mocidade Comunista consideramos que este diñeiro sempre pertenceu  os traballadores e polo tanto os actos “solidarios” de Amancio son unha devolución  e uns actos de cinismo cos que pretende lavar a súa imaxe, por outro lado consideramos que os dereitos dos traballadores non poden depender dos desexos dos que teñen os medios de producción,  por eso loitamos por un novo sistema (o socialismo-comunismo) que mande os explotadores como Amancio o basureiro da historia e permita unha sanidade pública e universal que non estea ligada os caprichos dos empresarios. Esto non é unha utopia irrealizable senón que xa houbo mostras de estos sitemas  (URSS,RDA,Cuba) e se puido  comprobar como nesos países a sanidade pública non necesitaba que o “mecenas” de turno decidirá devolver parte da plusvalía que lle roubou os traballadores a sanidade pública.

Ningún comentario:

Publicar un comentario