luns, 3 de agosto de 2015

[Crónica] Manifestacións en repulsa ao asasinato de Moraña

Onte as 8 da tarde celebrouse en varas cidades do país manifestacións en repulsa ao brutal asasinato de dúas nenas en Moraña e perpetrado polo seu pai, que pretendía "vingarse" da súa ex-muller.

En cidades como Ferrol, Ourense ou Compostela as manifestacións foron relativamente numerosas. Nesta última, cortouse unha das principais rúas do centro histórico durante a concentración.

Non podemos dicir o mesmo de Vigo e Pontevedra. Na  primeira a participación foi escasa, e na segunda nin sequera apareceron os convocantes.

De todolos xeitos, o pobo parece cada vez máis concienciado sobre o drama da violencia machista e patriarcal, pois cada vagada responde con máis axilidade e contundencia a cada agresión. É necesario que sexamos conscientes todos e todas da necesidade de acabar coa opresión cara a muller, e loitar por unha sociedade igualitaria. Os Colectivos da Mocidade Comunista creemos que iso só poderá acadarse no socialismo, pois o capitalismo sírvese e é o soporte socioeconómico do patriarcado.


NINGUNHA AGRESIÓN SEN RESPOSTACAPITALISMO E PATRIARCADO CULPÁBEIS DE FEMINICIDIOPOR UNHA SOCIEDADE SEN EXPLOTACIÓN NIN OPRESIÓNPOLO SOCIALISMO! POLO COMUNISMO!



Ningún comentario:

Publicar un comentario