venres, 7 de agosto de 2015

Ante a presenza de Alberto Baillères nas comarcas de Vigo e Pontevedra.


Non é inusual, nin casual, a rendición de pleitesía por parte dos medios de comunicación de propiedade burguesa da cidade olívica (e, primordialmente, proletaria) perante os inviduos da alta burguesía que, nestes meses, facendo descarada exhibición do froito da explotación e miseria da clase traballadora, amarran as súas opulentas embarcacións na dársena no barrio obreiro de Bouzas, tralos esforzos feitos pra reconverter esta zona nun peirao de referencia pra o turismo náutico de luxo, o súmmum da súa clase, que amarrando as súas naves no corazón sangrante do epicentro proletario galego, ao carón mesmo do seu continuo tráfico de mercadorías cheirentas de sangue humano na zona franca do porto de Vigo, fan evidencia manifesta da súa dominación e exemplificación material do antagonismo de clase.

Demostran esforzo as canles de comunicación privadas na reproducción social da súa moral positiva de clase fundada na propiedade privada, recibindo con euforia a estas personificacións do capital plantexadas como personalidades da sociedade no seu conxunto, tentando que a clase maioritaria dominada acepte os fins da clase explotadora minoritaria como propios de seu, alentando a unha precarizada clase traballadora, a un inxente exército proletario de reserva, á rendición de culto da materialización da súa miseria en contradicción directa coa progresiva opulencia dos seus liquidadores.

Non é casual, e rexeitamos totalmente, a presenza na dársena de Bouzas de Vigo dende o pasado día 5 de agosto, da embarcación recreativa “Maya Queen IV”, abandeirada das Illas Caimán, procedente do porto de Xibraltar e propiedade do oligarca de nacionalidade mexicana Alberto Baillères, tamén presentado pola canle de comunicación burguesa “El País” como “un discreto emprendedor de 83 anos”, así como a presenza da súa estirpe explotadora na Galiza.

Todo individuo, en cada unha das suas manifestacións, é produto dun medio social específico determinado en última instancia pola súa posición en base á propiedade dos medios de producción; Alberto Baillères é a terceira fortuna do narco-réxime de México por detrás de Ricardo Salinas e Carlos Slim (outro magnate que afinca nestas datas na localidade ourensá de Avión), é paradigma exemplificante da alta burguesía capitalista e fai ostentación da súa condición de clase como tal.
Non é casual, do mesmo xeito, que a familia Baillères mantivera unha relativa relación de proximidade cos últimos nove presidentes do estado de México. Os Baillères están ligados dende varias xeracións coa familia de Pedro Aspe, exsecretario de finanzas durante o sexenio de Carlos Salinas (presidente graduado no ITAM, Instituto Tecnolóxico Autónomo de México, propiedade dos Baillères, e berce dos tres últimos ministros de facenda e do expresidente Felipe Calderón).
As privatizacións en masa contra a clase traballadora mexicana na década dos anos noventa, principalmente baixo o gobernó de Salinas, convertiron os antigos monopolios estatais en monopolios de capital privado, que controlan ata o 80% do seu mercado. Para o proletariado mexicano, estes vinte anos desde a entrada en vixencia do NAFTA (Tratado de Libre Comercio EEUU-México-Canadá, reforzado con acordos complementarios multifacéticos tipo ASPAN, o equivalente aos temidos tratados TTIP e TISA que coma unha negra sombra ameaza a futura capacidade reguladora dos estados na Europa) só significaron o uso sistemático da violencia
policial, militar e paramilitar en contra das clases oprimidas dos tres países para entregar aos monopolios os seus recursos territoriais (enerxéticos, forestais, sanitarios, etc): a ruina e absorción de plantas manufactureiras de capitais máis débiles seguindo a lóxida de desenrolo capitalista, o despoxo dos minifundios e a sofocación taxante das protestas polas privatizacións do sector público e social, creando o mercado común máis grande do orbe, divididos os seus sectores entre os monopolios que protexen coa forza político-militar combinada dos seus respectivos estados as súas inversións comúns.

Non é casual, nesta contextualización económica, que Alberto Baillères obteña o seu recoñecemento (ao marxe da apropiación de 18.200.000.000$ segundo Forbes) polo feito de posuír a propiedade do “Grupo BAL”, un conglomerado empresarial que extende o seu capital a sectores como a Minaría (propietario dos xacementos de ouro máis extensos de México, e propietario de Fresnillo (a mina de prata máis rica do planeta), ou o enerxético, sendo fundador da compañía PetroBal, a primeira petroleira privada de México.

O Grupo BAL de Alberto Baillères, como se do glorario dun paquete de medidas privatizadoras do NAFTA ou TTIP se tratase, acumula a propiedade de ramas empresarias tamén no sector comercial (Adolfo Domínguez e grupo de grandes almacéns Palacio de Hierro), de aseguradoras e finanzas (GNP e ProFuturo), e no sector sanitario privado (MédicaMovil). Ao tempo, Alberto Baillères é propietario da casa da bolsa ValMex, do xa mencionado Instituto Tecnolóxico Autónomo de México (ITAM - centro neoliberal encargado de formar aos vindeiros xestores do ámbito político mexicano), e membro do consello de administración do grupo Televisa, que controla o 60% do mercado mexicano das telecomunicacións.

Por engadido, este individuo pertence ao consello internacional do banco J.P. Morgan Chase, ao Woodrow Wilson Center (involucrado na privatización de PEMEX2013), e é membro da xunta directiva do BBVA Bancomer, FME, SFI e FEMSA.

O cumio desta inxente acumulación de medios de producción, ven da man dunha afición persoal de Alberto Baillères e particular da súa clase social, como o son a tortura e as execucións públicas da tauromaquia (e, de seguro, o cartel de matarifes das festas de Pontevedra chamará polo seu potencial mecenas). Propietario da mayoría de prazas de touros de México, en xaneiro Alberto Baillères viaxou á península ibérica pra pechar un trato cos empresarios taurinos españois coa fin de crear a Fusión Internacional pola Tauromaquia.

Nunha etapa de culminación da represión estatal mexicana contra o movemento popular, que intensifica a acción dos mecanismos paramilitares como reflicten unha longa serie de casos especialmente en Oaxaca e Guerrero, onde o asasinato masivo de 43 estudantes aínda é recente, engádense a isto os ataques e asasinatos contra os cadros do Partido Comunista de México.

Denunciamos o secuestro e desaparición forzada do camarada Enrique López Gutierrez, secretario de organización rexional do PC de México en Tamaulipas, na triste data do 18 de xullo no contexto de represión xeralizada contra o movemento obreiro e popular mexicano, e sinalamos directamente ao estado burgués de México encabezado por Enrique Peña Nieto como responsábel e executor deste atentado nun estado que relega a 53 millóns de persoas á pobreza extrema.

No marco da campaña de apoio e solidaridade do Partido Comunista dos Povos de España co Partido Comunista de México en resposta á represión e hostigamento institucional que padece o conxunto do movemento obreiro mexicano, consideramos que a presenza de Alberto Baillères na Galiza, como cómplice e partícipe destes feitos xerados na dinámica de acumulación capitalista, debe dar saída á denuncia social firme e total repudio da clase obreira galega ante a figura destes esclavistas transoceánicos, rexeitando a presenza da oligarquía especuladora na nosa terra, e esixindo a aparición con vida inmediata do camarada Enrique López.

Ningún comentario:

Publicar un comentario