venres, 8 de maio de 2015

Crónica do 1º de Maio en Ferrol

 O pasado 1 de Maio, os militantes e simpatizantes do PCPE e dos CMC concentrámonos na cidade de Ferrol, histórico baluarte da loita obreira en Galiza, para celebrar o día do Internacionalismo Proletario. Data festiva, pero sobre todo de loita. E o noso bloque vermello, dentro da manifestación convocada pola CIG, tomouse este caracter reivindicativo moi en serio. En todo momento estívose a corear consignas revolucionarias como "O problema é o sistema, a solución: a revolución", "1º de Maio, orgullo proletario" ou "loitar, crear, frente obreiro e popular". 

Repartíronse panfletos, non só na manifestacion da CIG senón tamén na de CCOO e UGT. 

Tamén estivemos a falar cos traballadores e traballadoras, en especial cos das subcontratas de Telefónica, que están en folga indefinida en todo o Estado e que están a levar unha loita exemplar contra vento e marea, superando ás dirixencias sindicais traidoras e vendeobreiras.
Ó longo da manifestación algunhas persoas achegáronse ao camarada Sergio para felicitalo por presentarse como cabeza da nosa lista ás municipais de Ferrol.

Posteriormente á manifestación, celebramos unha comida de fraternización. Logo fixemos unha pequena presentación do noso programa electoral fronte o local do Partido no barrio obreiro de Caranza.

En definitiva, un 1º de Maio moi reivindicativo e tamén productivo. Todos os e as camaradas puidemos gozar dun satisfatorio día da clase obreira.


Unir a clase obreira, fortalecer as filas comunistas!
PCPE, a voz dos traballadores! Polo poder obreiro e o socialismo!  




Ningún comentario:

Publicar un comentario