martes, 13 de xaneiro de 2015

30 Aniversario de CJC: ¡Unidos somos fortes, organizados invencíbeis!


Hoxe, 13 de xaneiro de 2015 os Colectivos de Mozos Comunistas cumprimos 30 anos e queremos reivindicar esta data histórica para a Mocidade Comunista no estado español co conxunto do estudiantado combativo, coa mocidade traballadora e de extracción popular.
Porque entendemos que este 2015 non é un ano no que colocar unha efeméride no calendario, senón unha oportunidade de loita.  Neste  momento histórico os e as mozas traballadoras non temos outro futuro por diante que o que conquistemos con nosa propia loita. Entendendo que o noso horizonte  non pode colocarse  nos términos de lexitimar e xustificar a nosa explotación e a nosa miseria, senón que pasa  por conquistar a más elemental das democracias: a que determina que quen todo o produce goza tamén do dereito de decidilo todo.
Este 2015 daremos un paso á fronte na recuperación dese fío vermello da historia, que mencionamos habitualmente, pero que parece quedarse en meras palabras. Dende o último colectivo de base dos CJC, ata o Comité Central temos unha meta neste 2015: ofrecer un posto de combate á mocidade de extracción obreira e popular no lado da trinchera que lle corresponde, o que busca a construción da única sociedade capaz de garantir xustiza, igualdade e desenvolvemento para a clase obreira e o pobo traballador.
Este 2015 levaremos adiante varias iniciativas buscando ligar nosa 30 aniversario con cada unha das batallas diarias da mocidade. En poucos días, o 24 de xaneiro, organizamos en Madrid un concerto de rap, onde a música converterase nun elemento máis no combate contra o capital. Estamos traballando na recuperación de todo o noso legado histórico como elemento de avance e aprendizaxe colectiva, e nunhas poucas semanas inauguraremos o noso Arquivo Xeral. Á vez que editaremos un libro da colección edicións Tinta Vermella que recollerá a análise política achega da construción da Mocidade Comunista nestes 30 anos. De face ao verán recuperaremos a edición dun número do Mocidade, nome histórico do noso órgano de expresión externo. Coincidirá co noso II Campamento da Mocidade, que como non podería ser doutra forma este ano queremos dedicar a este 30 aniversario.

¡Viva a Mocidade Comunista!¡Vivan os CJC! 

Ningún comentario:

Publicar un comentario