xoves, 6 de novembro de 2014

[Redondela] Non á represión ó estudantado en Galiza!


A medida que aumenta a organización do estudantado aumenta a represión do capital o mesmo. Puidémolo volver a comprobar na manifestación do día 23 en Redondela. Esta manifestación, no contexto da última folga estudantil, foi convocada pola asemblea estudantil ARDE. Nesta asemblea organízanse os e as estudantes da zona de forma independente ás asociacións oportunistas e reformistas como o SE, permitindo unha combatividade real no estudantado.
Durante a manifestación houbo un despregue policial totalmente desmesurado, mesmo chegando a despregar un helicóptero. Durante o transcurso da manifestación foron multados varios estudantes. Posteriormente o conxunto da manifestación foi retido nun cordón policial, sen permitir á mesma continuar o seu trazado nin que os estudantes a abandonasen. Os estudantes tiveron que refuxiarse nun instituto da redonda ante o forte acoso policial
Trala represión sufrida polas forzas de seguridade do Estado burgués, os estudantes convocaron unha concentración diante do Concello o pasado sábado día 1. A concentración transcurríu sen incidencias destacando a grande presenza de mozos e mozas e de persoas alleas ó movemento estudantil. Isto último é un gran logro, xa que se logrou transmitir a represión sufrida o conxunto da cidade.
Dende CMC queremos mostrar o noso apoio incondicional aos compañeiros de Redondela e a nosa total oposición á criminalización e represión ao estudantado.

Unidade obreira e popular contra a represión!

Organicémonos para vencer!

Ningún comentario:

Publicar un comentario