mércores, 26 de novembro de 2014

Este sábado, todos e todas a Compostela!

Este sábado 29 de Novembro, os CMC reunirémonos en Santiago de Compostela. Á mañá participaremos na manifestación nacional das Marchas da Dignidade, na cal formaremos un bloque vermello xunto cos nosos camaradas do PCPE. Non dubides en unirte a nós na praza do Obradoiro!.
Á tarde, realizaremos unha xornada de formación sobre economía política. Porque, como dicía Lenin, "sen teoría revolucionaria non hai movemento revolucionario". Se queres participar e aprender máis sobre o marxismo-leninismo, escribénos ó noso correo cmc-galiza@cjc.es

ESTUDES OU TRABALLES: ORGANÍZATE E LOITA!
INCORPÓRATE AO PARTIDO DA CLASE OBREIRA
EN CADA CENTRO DE TRABALLO, EN CADA BARRIO
PARTIDO COMUNISTA!
MOCIDADE COMUNISTA!

Ningún comentario:

Publicar un comentario