martes, 7 de outubro de 2014

Raúl liberdade!


O 3 de Outubro foi detido en Santiago de Compostela o mozo independentista Raúl A.C. Aplicóuselle a lexislación antiterrorista; ás poucas horas de ser detido o seu domicilio era rexistrado e posteriormente foi trasladado ás dependencias da Audiencia Nacional en Madrid. Raúl estivo en réxime de incomunicación, polo que non puido comunicarse con familiares nin avogados de confianza.
O luns día 6 leváno a declarar ante o xuiz, onde Raúl acóllese ao seu dereito a non declarar. Resultado desta farsa, o xuiz declara prisión sen fianza con acusacións de “integración en banda armada”, “estragos terroristas” e “depósito de explosivos.” Cargos que suporían varias décadas de cadea. Decrétase o secreto de sumario mentres que Raúl é conducido ó cárcere de Soto del Real.


O Estado burgués está a levar unha campaña de criminalización da mocidade combativa galega. Nisto é clave o uso dunha organización fantasma (“Resistencia Galega”) da que nada se coñece mais que o vai aparecendo nos informes policiais. Hoxe deuse un caso máis, onde un mozo que só é “culpable” da súa militancia política é detido por un pequeno exército, o cal chegou ó punto de ameazar a punta de pistola á moza de Raúl.
Denunciamos o papel dos medios de comunicación, on de a presunción de inocencia brilla pola súa ausencia. Dende a prensa nacional e estatal constrúese unha imaxe falsa do compañeiro Raúl, co fin de infundir temor e rexeitamento á opinión pública e impedir así a solidariedade popular. Está claro de qué bando está a prensa burguesa, colaboradora inprescindible para desmantelar os movementos populares en Galiza.
Por último, reafirmamos a nosa vontade de impedir que esta barbarie se convirta en rutina.  Que lección poderemos tirar do caso de Raúl?. Consideramos que a victoria, tanto contra a represión como na nosa loita revolucionaria, verá da mobilización das masas, coa clase obreira á fronte.  É necesario que construamos a unidade de clase e popular,  que se convirta na sólida base dende a que poder derrubar ó capitalismo, causa última de sucesos como o que estamos a vivir.

Os CMC mostramos a nosa total solidaridade co compañeiro Raúl. Basta xa de criminalización de todos os mozos e mozas combativos!

Unidade obreira e popular contra a represión!

Ningún comentario:

Publicar un comentario