sábado, 6 de setembro de 2014

O Concello vigués e ordenado por orde xudicial a derrubar a Cruz do Castro


Non era sen tempo. Despois de décadas de protestas do pobo vigués, de sabotaxes, de litixios legais... mesmo unha homenaxe que fixemos hai un ano o PCPE e os CMC a Julián Grimau (comunista asasinado 2 anos despois da inauguración deste monumento) enfronte deste horrible símbolo feixista. Por fin o Concello xa non pode facer ouvidos xordos e é obligado xudicialmente a derrubar a "Cruz a los Caídos". 

Esperemos que non sexa o último simbolo feixista en retirarse da cidade, pois aínda quedan moitos, que a pesares das protestas e a indignación das clases populares son preservados, mesmo protexidos, polas institucións burguesas. So en Vigo queda, por exemplo, o escudo franquista así como o símbolo do Sindicato Vertical nas antigas dependencias portuarias xunto á "Paelleira", por sinalar un caso paradigmático.

En toda Galiza persisten multitude de símbolos do franquismo, como as "famosas" pracas do Instituto Nacional de Vivienda, fontes co escudo do Sindicato Vertical, etc. En Pontevedra pervive outra monumental "Cruz a los Caídos", aínda máis visible e céntrica que a viguesa, e que foi preservada pola Administración e a súa pirueta de "re-dedicala a tódalas vítimas da Guerra Civil". En Santiago, o frontón da Facultade de Química é presidido por un escudo franquista de pedra. 
Todos estes son exemplos do "ben" que se fixo a Transición. Símbolos da tolerancia das institucións burguesas cara o fascismo, non só de onte, se non tamén o de hoxe. É necesario que as forzas obreiras e populares se organicen para levar dunha vez por todas ó vertedoiro da historia ó fascismo e ó sistema que o alimenta, o capitalismo.

http://praza.gal/movementos-sociais/7768/a-xustiza-ordenalle-ao-concello-de-vigo-retirar-a-cruz-do-castro/ 

Ningún comentario:

Publicar un comentario