venres, 19 de setembro de 2014

[Compostela] Crónica sobre o desafiuzamento de María e Carlos

Hoxe na vila de Airíns, preto de Santiago de Compostela produciuse a expulsión do seu fogar de Maria, Carlos e o resto da súa familia. Carlos e María están en paro e teñen a dous fillos e unha persoa maior ó seu cargo. Foran eles mesmos os que construiran a súa vivenda


Os militantes de CMC, acudindo ó chamado solidario organizado pola plataforma STOP Desafiuzamentos, fumos alí para pór o noso gran de area na resistencia contra o desafiuzamento.Xa de mañá cedo nos concentrábamos, xunto con ducias de persoas, diante da casa desta familia para tratar de impedir o desafiuzamento de xeito pacífico. Pero nada máis chegar a policía, da cal presentáronse aproximadamente tres furgóns, unha trintena de axentes pertrechados con equipamento antidisturbios, xa comezaron as provocacións pola súa parte para que non houbera dúbida de que aquilo ía a ser un conflicto de forzas moi desiguais.


En canto as negociacións foron rotas e os donos da casa decidiron non claudicar, a policía comezou a cargar contra os que ali estábamos manifestándonos, sendo moitos de nós golpeados e apaleados coas porras. Un dos nosos camaradas foi ameazado física e verbalmente por un dos axentes, que non tardou moito en agárralo polo pescozo e empurralo violentamente, contra un coche ali aparcado. Accións coma esta repetíronse ata que non se puido manter a resistencia, e o acoso policial era inaguantable.
Posteriormente a policía conseguía facer retroceder a concentración e comenzaron as detencións arbitrarias. Algúns manifestantes conseguiron refuxiarse dentro da casa, onde se continuou cunha resistencia pasiva que foi rápidamente doblegada pola policía e finalmente chegando a expulsar do seu fogar á familia afectada.
O total de incidencias saldouse con numerosas multas, alguns feridos e dúas detencións.

Este feito demostra unha vez máis que a burguesía non ten o mínimo reparo de deixar sen teito a calquera, inda que sexa unha estafa clara, coma neste caso, na que un empresario francés xa imputado varias veces por estafa pulula libremente pola rúa destrozando a vida das persoas a base de debedas.

Ante todo o sucedido, facemos primeiro un berro de solidariedade cos detidos, esiximos a súa inmediata posta en liberdade sen cargos; segundo, dicir que continuaremos coa nosa loita esixindo vivenda digna para a clase obreira, que só acadaremos trasformando a resistencia en organización da ofensiva da clase obreira contra a burguesía. O PCPE e os CMC loitamos polo dereito de todos a dispor dunha vivenda digna. Por iso, os comunistas e as comunistas cremos que a solución contra os desafiuzamentos pasa polas siguientes propostas:

  • Nacionalización da banca.
  • Dereito ó traballo.
  • Moratoria indefinida no pago das hipotecas para os traballadores e as traballadoras en paro e para os que carecen de ingresos económicos.
  • Restitución das viviendas robadas pola banca á clase obreira.
  • Acceso ós servizos públicos básicos: auga, luz, gas, calefacción, gratuito para os parados e para os traballadores e traballadoras sen recursos económicos.
  • E a proposta fundamental do PCPE: a organización e loita da clase obreira para combater ó capitalismo.

E por suposto solidarizámonos ca perda de María e Carlos, que pese a sufrir xa dous intentos de desafiuzamentos aguantaron dignamente no seu fogar, esixindo o que era seu, certamente un exemplo de dignidade e valor, que temos que recuperar en momentos de crise como a que estamos a vivir


Contra o robo á clase obreira, polo dereito ó traballo e á vivenda digna!Polo socialismo, polo comunismo!Todo para a clase obreira!

Ningún comentario:

Publicar un comentario