mércores, 9 de xullo de 2014

A solidariedade mantén a loita dos obreiros despedidos na Citröen


Este 8 de xullo, tras levar oito días en folga de fame reclamando a readmisión dos traballadores Paco e David da factoría viguesa de PSA – Citröen, Henrique e Miguel tiveron que ser trasladados en ambulancia ao Hospital Xeral con síntomas de desnutrición evidentes. A loita non remata aquí, xa que outros dous compañeiros, Manuel e Ernestina, tomaron o relevo na folga de fame.

Ademais, todos os días, ás 13:00 estanse levando a cabo concentracións diante da portería principal da fábrica. Este xoves día 10, ás 11:30 terá lugar unha manifestación polas rúas da cidade, para seguir esixindo a inmediata readmisión dos compañeiros despedidos dunha maneira inxustificada e sen precedentes.
A clase obreira unida xamais poderá ser derrotada, e non o vai ser esta a primeira vez se marchamos conxuntamente. É por iso que pedimos ao conxunto da clase traballadora que acuda tanto ás concentracións como á manifestación, para loitar en prol da readmisión dos compañeiros despedidos e en contra da dura represión que sofren o conxunto de traballadores e traballadoras da fábrica.

Paco e David readmisión!
Que viva a loita da clase obreira!

Ningún comentario:

Publicar un comentario