mércores, 4 de xuño de 2014

Galiza saíu ás rúas a protestar contra a monarquía. E os CMC estabamos en primeira liña


O día 2 de Xuño, Juan Carlos de Borbón anunciaba a súa abdicación en favor do seu fillo, e miles de persoas saíron ás rúas e prazas de todo o Estado para rexeitar a monarquía e a súa continuidade. Galiza non se quedou atrás; as prazas e rúas, non só das cidades máis grandes senón ata dos pobos máis pequenos, enchéronse dun clamor popular pola República. E por suposto os CMC estivemos nas rúas defendendo a nosa loita pola República. Pero non calquera, non nos vale con cambiar un monarca por un presidente. De Ferrol a Vigo gritamos “Non a outra  Transición, polo poder obreiro, República socialista!”, porque os mozos de Galiza necesitamos unha República onde os traballadores teñan todo o poder e onde as nacións oprimidas poidan decidir o seu futuro, sexa cal for sempre socialista.

En Galiza, a tónica xeral nas concentracións foi de masiva participación, pero de división manifesta. Por unha banda ían os nacionalistas e independentistas, cuxo proxecto, unha República Galega, sepárase totalmente de calquera marco máis aló do nacional; e doutra banda IU, Podemos e grupos afins, que reivindicaron unha República burguesa, como moito federal. Na maioría dos casos, tanto uns como outros se limitaron a pedir un referendo no que elixir monarquía ou república.

A concentración máis numerosa produciuse en Vigo. Manifestaronse máis de 4.000 persoas en contra da monarquía, pero en realidade foron dúas protestas nunha. Partindo da farola de Urzáiz  os manifestantes fóronse á Porta do Sol e a protesta dividiuse en dúas.
Ao final da mesma, Os manifestantes expulsaron a un mozo que estaba repartindo folletos do partido fascista Democracia Nacional nos que se reclama unha «república social e nacional». Con el, unha moza levaba unha bandeira rojigualda. Unha vez máis o fascismo fai acto de presenza de forma totalmente oportunista e provocadora nas mobilizacións populares.

Dúas manifestacións simultáneas e con moita animación a favor da terceira república tamén secundáronse na Coruña, a que partiu do Obelisco á Subdelegación sumou unhas 600 persoas, segundo a Policía Local, mentres que a do sector nacionalista reuniu a unhas 200 persoas ante a Delegación do Goberno.
En Ferrol , sobre 1.000 persoas déronse cita en Praza  de Armas, para pedir o fin da Monarquía. Á mesma hora, o BNG  e a CIG, abarrotaban a Praza do Himno Galego noutra concentración.

En Santiago de Compostela deuse unha das concentracións máis multitudinarias que se recordan. A tónica foi a mesma que no resto de cidades, coas estreleiras por unha banda e as republicanas españolas polo outro. Os manifestantes, que abarrotaban as estreitas rúas e prazas do casco histórico compostelano marcharon ata a praza do Obradoiro, e entre a Catedral e o Pazo de Raxoi  cantouse o himno galego e o de Riego. Ao final da concentración, algúns mozos (entre eles camaradas dos CMC) substituíron a rojigualda que ondea fronte ao Hostal dos Reis Católicos (onde se hospeda a realeza cando visita a cidade) pola bandeira da República socialista.

Na praza Maior de Ourense xuntáronse case medio milleiro de persoas. Tamén alí había dous grupos claramente diferenciados, dun lado, o dos simpatizantes do BNG ou da Liga Estudiantil Galega. Do outro lado, con dous ou tres bandeiras republicanas, un círculo de Podemos. Máis bandeiras republicanas víronse tamén na Subdelegación do Goberno, cun centenar de persoas.

En Lugo, máis de 250 personas pediron na praza Maior a volta da República. Pola súa banda, outras 250 persoas concentráronse na praza de Armanyá.
En Pontevedra, varios centos de persoas concentráronse na praza da Peregrina, mientras que en Vilagarcía , unhas 300 persoas sumáronse á convocatoria, Ademais das principais cidades galegas, tamén houbo manifestacións noutras localidades como Vilagarcía, Monforte, Foz, Ribeira, Carballo... chegando a reunir na maioría delas centos de persoas.

En resumo, primeiro e positivo estalido das masas populares galegas ao anuncio da abdicación. Aínda que, por suposto denunciamos o papel oportunista e desmovilizador tanto dos nacionalistas e independentistas como dos reformistas de IU e Podemos.

Mención especial á manifestación de Boiro  onde a Garda Civil encarouse cun grupo de manifestantes que portaban unha pancarta co lema “Morte aos Borbóns”. Fixeron amago de levalos  ao cuartel, aínda que ao final só foron identificados.

Ningún comentario:

Publicar un comentario