venres, 23 de maio de 2014

Non nos vamos, bótannos!


Nos últimos 4 anos máis de 700.000 mozos do Estado español víronse abocados á emigración. E é que non nos enganamos nin nos deixamos distraer polos balóns que botan fóra: ¡Non nos imos, bótannos!
Este tema, que non pasa inadvertido para ninguén. Tampouco o fai para os xestores do capital nas institucións políticas, eles protagonizaron declaracións de todo tipo respecto diso: dende que é un proceso natural de formación persoal dentro da globalización, do que os mozos non podemos máis que extraer valiosas oportunidades; ata que responde ao “espírito aventureiro da mocidade”.
Os Colectivos da Mocidade Comunista non nos imos polas ramas. A realidade é que inmersos nunha profunda crise estrutural do capitalismo, o mercado laboral é incapaz de absorber a forza de traballo existente. Dende que a crise comezase os monopolios tratan de remontar a súa taxa de ganancia, e lévano facendo todo este tempo coa destrución de forzas produtivas, isto non implica máis que a condena ao paro de millóns de traballadores e a presión á baixa de salarios e condicións laborais para o conxunto da clase obreira.
Nesta conxuntura, á que temos que sumar a expulsión por decenas de miles dos fillos e fillas da clase obreira da educación superior e o encarecemento sen precedentes da FP, redución de becas, etc. a pregunta é: quédannos moitas máis opcións á mocidade?
A saída da emigración non responde, nin para os que se van , nin para os que veñen, a un ansia irrefreable de vivir aventura algunha, non é máis que un elemental reflexo dun espírito de supervivencia de clase.
Esta emigración forzosa, consecuencia directa dos intereses da oligarquía monopolista europea, non é tampouco un paraíso. As condicións nas que a mocidade emigrada atópase (do mesmo xeito que as que a clase obreira inmigrante atopa e atopou aquí), adoitan ser as de traballos por debaixo da súa cualificación, cunha forte carga de temporalidade e precariedade, e dende logo, en peores condicións que as da clase obreira nacional.
Ademais destas condicións, determinadas polas necesidades económicas do capitalismo a mocidade emigrante atópase ante outro fenómeno, nada novo en xeral, pero si con novos revestimentos ideolóxicos na “Unión Europea das liberdades”. Isto é, o rexeitamento institucional á clase obreira inmigrante, tanto é así que as reformas lexislativas estanse sucedendo en países da UE, acabando coa suposta liberdade de circulación das persoas. Así, traballadores de certos países quedan xa directamente excluídos deste dereito contemplado para o resto, e amplíanse cada vez máis as restricións á circulación de traballadores.
Algo que pode parecernos contraditorio se cremos no carácter neutral da UE, entenderémolo rápidamente se partimos da premisa do seu carácter imperialista. E é que a taxa de ganancia dos monopolios no imperialismo vai vir determinada pola porcentaxe de parados (Exército Industrial de Reserva), e a relación disto coa súa capacidade de tirar á baixa dos salarios.
Estes, e non outros, son os alicerces que rexen as leis na UE. E ante isto, os CJC témolo claro: non podemos permitir división algunha entre a nosa clase por motivo de nacionalidade, non podemos caer en visión romántica algunha da “emigración”. Por isto, hai unha única forma de loitar polos nosos intereses: a organización para a loita contra o imperialismo. E por isto, o 25 de maio só hai unha opción que rompa co conto da “Europa Social”, a opción que coloca o obxectivo saír da UE, o euro e a OTAN, a opción do Partido Comunista dos Pobos de España (PCPE).

¡EXISTE FUTURO PARA A MOCIDADE E CONSÉGUESE LOITANDO!

¡POLA SAÍDA DA UE, O EURO E A OTAN!
¡VOTA PCPE!

Ningún comentario:

Publicar un comentario