luns, 12 de maio de 2014

[Eleccións europeas] A xuventude teno claro: é hora de combatir!


O próximo 25 de maio millóns de persoas están chamadas aos comicios do Parlamento Europeo. A convocatoria destas eleccións dáse nun marco dunha profunda crise económica que sumiu á gran maioría dos traballadores a poboación, aquelas persoas de clase obreira e extracción popular, nunha situación de pobreza, desemprego, desafiuzamentos e salarios de fame .

Os Colectivos da Mocidade Comunista (CMC) querémonos referir a un dos sectores afectados: a mocidade e, concretamente, á mocidade estudante. Os ataques a esta veñen orquestados dende anos antes do estalido da crise e, precisamente, por indicación
da Unión Europea. Así, en 1998 aprobouse o Plan Bolonia que
supuxo, como xa denunciamos no seu momento, a elitización, privatización e mercantilización da Universidade Pública. Elitización pola que xa se contan por decenas de miles os alumnos expulsados da universidade como consecuencia da subida de taxas e a imposibilidade de compaxinar vida académica e laboral. Privatización e mercantilización que supuxo regalar ás empresas privadas a xestión das Universidades Públicas a través da creación do Consello Social; verdadeiro órgano de poder das Universidades presidido polos altos executivos das principais multinacionais.

A LOMCE, tamén coñecida como "Lei Wert", non é máis que a adecuación do Plan Bolonia aos ensinos medios, e continuadora deste plan provinte da Unión Europea. Esta reforma educativa persegue separar dende temperá idade a aqueles alumnos que nun futuro serán explotadores ou explotados. O maior peso outorgado á escola privada demostra, de novo , a finalidade privatizadora.

Polo tanto, dende os Colectivos da Mocidade Comunista queremos aproveitar o marco dos comicios do 25 de maio para referirnos unha vez máis a vós, para levar unha vez máis nosa liña política aos mozos e mozas de extracción obreira e popular, receptores directos das políticas anti-obreiras da Unión Europea que se concretan no marco educativo coas cuestións enumeradas, pero tamén na multitude de anti reformas laborais ou iniciativas como a Garantía Xuvenil, que preparan un mercado laboral cada vez máis imposible para a mocidade, e un sinfín máis imposibles de especificar nun panfleto como leste.

Defendemos, ademais, que todo este proceso non é consecuencia da crise económica senón que nace, elabórase e apróbase con anterioridad, respondendo ao carácter de clase da estrutura da
UE, cuxa finalidade non é outra máis que situar en mellores condicións á burguesía; conseguir que os empresarios sexan máis ricos mentres que os traballadores sexamos, cada vez, máis pobres.

Tampouco aceptamos e de novo denunciamos o discurso que sitúa a certos países como lacaios e vítimas das polí-ticas da UE que, segundo estas teorías, veñen orquestadas dende outros paí-ses como Alemania ou Francia. Non nos cabe dúbida que as medidas emanadas da Unión Europea están sendo especial-mente devastadoras para os traballadores e para a mocidade de certos países (entre eles España) pero tampouco podemos obviar que ás grandes empresas españolas, os monopolios e oligopolios, estas políticas fóronlles rendibles. Por iso, as políticas da Unión Europea non son as políticas de Alemania ou Francia como Estados, senón as políticas da burguesía europea en xeral . e da burguesía alemá e francesa, ocasionalmente, en particular.

Concretamente, no terreo educativo, os diversos ataques que sufrimos non son consecuencia do impago da débeda pública, senón consecuencia dun desen-volvido plan que, como mencionamos, iniciouse en 1998 coa posta en marcha do proceso de Bolonia.

Por todo iso , tanto para os CMC como para o PCPE (Partido Comunista dos Po-bos de España) o obxectivo é claro e dicímolo claramente: queremos a saída da Unión Europea, así como do Euro e a OTAN. É este un punto fundamental do noso programa, que nos distingue doutros “partidos de esquerda ” que concorren o 25 de maio ás eleccións.

Un punto que marca a ruptura co sistema capitalista e aposta pola construción do Socialismo. A saída da Unión Europea é hoxe unha reivindicación que separa a aquelas organizacións que rompen co sis-tema actual e aquelas que pese a utilizar unha retórica “de esquerdas ”, dicíndonos que “podemos” cambiar a actual situación de miseria do pobo traballador dentro da UE, non fan senón enganar á clase obreira e sectores populares e distraerlles das súas reivindicacións políticas máis elementais para construír o sistema verdadeiramente acorde a os seus intereses, o Socialismo-Comunismo .

Aproveitamos o marco político que se presenta para as eleccións europeas o 25 de maio para seguir difundindo esta proposta, para denunciar o carácter da UE. Con todo, o traballo dos comunistas non empeza con esta campaña electoral, nin termina o día da votación, senón que continúa durante para levar o noso discurso pero tamén aproveitaremos os días, semanas e meses seguintes para continuar o noso labor político, que non é outra máis que expulsar á burguesía do poder, conquistar o Estado dos traballadores e acabar con toda forma de explotación.

Pedímosche que o 25 de maio , co teu voto, apoies a saída da UE, o Euro e a OTAN votando a candidatura do Partido Comunista de os Pobos de España (PCPE).

¡EXISTE FUTURO PARA A XUVENTUDE E CONSÉGUESE LOITANDO!

¡POLA SAÍDA DA UE, O EURO E A OTAN!

O 25 DE MAIO VOTA COMUNISTA, VOTA PCPE!

Ningún comentario:

Publicar un comentario