luns, 19 de maio de 2014

[Eleccións europeas] A mocidade teno claro: ¡o noso futuro pasa por acabar co capitalismo!


Dende os Colectivos da Mocidade Comunista non podemos deixar pasar a campaña destas eleccións europeas para dicir ben claro unha vez máis que o futuro da xuventude traballadora baixo o capitalismo vai a ser o pozo de miseria do paro; ou ben traballar máis horas, en condicións penosas e con salarios de sobreexplotación que non cheguen nin para ir a traballar ó día seguinte.

Hoxe, o paro xuvenil en España é de máis do 56%, o que condena a amplias capas da xuventude ó paro e á pobreza. No contexto da Unión Europea, a principal preocupación entre as mozas e mozos –un 75%- era o desemprego, sinalando dita enquisa que a primeira prioridade do Programa de Traballo Europeo debía ser a loita contra o paro xuvenil. E efectivamente, a Unión Europea establece unha resposta: o Plan de Garantía Xuvenil.


A Unión Europea, como ferramenta dos monopolios, só afonda nestas condicións de miseria da xuventude. O Plan de Garantía Xuvenil é un bo exemplo de cales son as condicións que o capitalismo ofrécenos para o noso futuro, pero tamén do carácter de clase da Unión Europea e de que os nosos intereses non poden encontrarse en ningún caso dentro desta institución imperialista.


Dende as institucións da burguesía colócannos estas condicións de sobreexplotación coa cantinela de que é unha medida que nos favorece. Sen embargo non é a oligarquía a través dos seus monopolios a única que nos vende este conto: as organizacións oportunistas e reformistas veñen participando desta posición.
Nós querémonos referir directamente, sen contos, nin medias tintas á mocidade de extracción obreira e popular: é necesario que combatamos decididamente estas posicións. A Garantía Xuvenil é, efectivamente, a única salida para a xuventude traballadora baixo o capitalismo. Peroa nosa loita non pode ser por mantener o capitalismo. A clase obreira podemos vivir sen capitalismo, tomando a propiedade dos medios de producción, conquistando por fin as rendas do noso futuro. É necesario combatir ideolóxicamente as posicións que lexitimen o Plan de Garantía Xuvenil como unha medida favorable á xuventude traballadora. Estas posicións poden vir tanto por parte das organizacións políticas da burguesía como por parte das organizacións oportunistas da pequena burguesía. A Garantía Xuvenil é a única saída para a xuventude traballadora baixo o capitalismo, pero a clase obreira pode vivir sen capitalismo tomando a propiedade dos medios de producción. Entón deixaría de ser apéndice e pasaría a ser a clase dirixente da política d a economía do Estado.


E é que estas e outras medidas, como a doble escala salarial o a subcontratación están sendo utilizadas por parte da burguesía para condenarnos á xuventude traballadora á máxima explotación e miseria. Ademáis de para colocarnos na súa lóxica siniestra de que estas modalidades coloquennos de punta de lanza, non só para elevar a nosa explotación, senon a do conxunto da clase obreira. 


Por todo isto os CMC este 25 de maio facemos novamente o chamamento á xuventude traballadora para que pase a ser unha forza social activa. É necesario que nos organicemos en Comités de Unidade Obreira (CUO) en cada centro de traballo, non coa perspectiva de mendigar migallas, o de reforzar á claudicación como clase; senon co obxectivo de pasar á ofensiva e dende cada centro de traballo construir unha fortaleza que forme parte dunha estratexia xeral de derrocamiento do capitalismo.


E esto pasa necesariamente por entender e organizar a loita pola saída da Unión Europea, o euro e a OTAN. Esta é a reivindicación dos comunistas, que non empeza ou acaba con esta campaña electoral, senón que diariamente levamos a cada centro de traballo, a cada barrio e a cada centro de estudios.


E por iso o 25 de maio: moz@ trabajador dicimoste unha vez máis que o teu futuro non está dentro do capitalismo. Que co teu voto, non participes da lexitimación do sistema capitalista, dende calquera das súas muletas. Que co teu voto fagas un arma de loita apoiando a saída da Unión Europea, o euro e a OTAN, e votando ó Partido Comunista dos Pobos de España (PCPE)


¡EXISTE FUTURO PARA A XUVENTUDE E CONSÍGUESE LOITANDO!
¡POLA SAÍDA DA UE, O EURO E A OTAN!
¡VOTA PCPE!

Ningún comentario:

Publicar un comentario