venres, 16 de maio de 2014

[Eleccións europeas] Educación pública e gratuita!

A mocidade teno claro: ¡a loita é por unha educación pública e gratuita ao servizo da clase obreira e o pobo!
Non podemos esquecer no horizonte do 25 de maio uno dos alicerces fundamentais polos que a burguesía imperialista europea aposta: obter a máxima taxa de beneficio posible da nosa educación.
E é que o sistema educativo non é algo neutro, nin moito menos é algo que responda os intereses mínimos do pobo. Este sistema, que nos converte aos mozos de extracción obreira e popular en man de obra formada á carta, únicamente responde  aos intereses dos monopolios.
Este carácter de clase queda patente na orientación que a Unión Europea vén dando á Educación, e como o fai moito antes de “xustificar a necesidade mortal pola crise”. En 1998 aprobouse xa o proxecto desta oligarquía monopolista para colocar a universidade ao servizo das empresas: o Plan Bolonia.
Ese plan que únicamente tenía vantaxes: que internacionalizaría as nosas universidades, que elevaría o nivel dos universitarios, que nos faría excelentes, etc. Que é o que realmente supuxo? supuxo a elitización, privatización e mercantilización da Universidade Pública. Elitización pola que xa se contan por decenas de miles os fillos e fillas da clase obreira expulsados da universidade como consecuencia da subida de taxas e a imposibilidad de compaxinar vida académica e laboral. Privatización e mercantilización que supuxo regalar ás empresas privadas a xestión das Universidades Públicas a través da creación do Consello Social; verdadeiro órgano de poder das Universidades presidido polos altos executivos das principais multinacionais.
Pero non nos quedamos aí, a educación superior non é o único marco no que os capitalistas poden obter beneficios. O conxunto do sistema educativo é un alicerce básico para a reprodución do seu sistema, a súa ideoloxía, adoctrinamiento, formación de man de obra a medida, etc. Xa que logo, os ensinos medios non podían manterse por moito tempo fose do campo de actuación da UE.
LOMCE ou ''Lei Wert'', non é máis que a adecuación do Plan Bolonia aos ensinos medios. Non é máis, pois, que a continuación dos plans da Unión Europea. Esta reforma educativa persegue separar desde temprana idade a aqueles alumnos que nun futuro serán explotadores ou explotados. O maior peso outorgado á escola privada demostra, de novo, a finalidade privatizadora.
Polo tanto, desde os Colectivos de Mozos Comunistas queremos aproveitar o marco dos comicios do 25 de maio para referirnos unha vez máis á mocidade de extracción obreira e popular. Porque as políticas antiobreras da UE nons afectan directamente cando hablamos de educación.
O carácter de clase da Unión Europea, alleo por completo aos nosos intereses, non pode reformarse e colocarse no noso beneficio. Por isto os CJC non imos participar de engano algún: é hora da loita. Unha loita que ten que ser por alcanzar os nosos intereses, por non reforzar os de quen nos explotan, e unha loita que ten unha importante batalla nunha educación pública e de calidade ao servizo da clase obreira e os sectores populares.
O 25 de maio non podemos xogar a elixir si queremos cadeas ou grilletes. O 25 de maio só avanzaremos no sentido de poñer fin á nosa explotación apoiando decididamente a saída da UE, o euro e a OTAN. Por iso o 25 de maio, pedímosche que continuemos coa nosa loita co voto ao Partido Comunista dos Pobos de España (PCPE)

¡EXISTE FUTURO PARA A MOCIDADE E CONSÉGUESE LOITANDO!
¡POLA SAÍDA DA UE, O EURO E A OTAN!
¡VOTA PCPE!

Ningún comentario:

Publicar un comentario