domingo, 14 de outubro de 2012

Sobre a folga do 11 de outubro.


Sobre a folga do 11 de outubro.

Na situación actual, de crise estrutural do capitalismo, os empresarios están a privatizar a educación, a facela cada vez de peor calidade e máis cara e elitista. So buscan facer ganancia a calquera prezo, introducir o seu capital en todos os mercados posibles, isto o único que vai traer e máis dificultades para que os fillos dos traballadores poidamos estudar e que os empresarios enchan os seus petos a nosa conta.

Desde CMC sempre apostamos pola unidade sindical, tanto no movemento obreiro como no estudantil, por iso apoiamos a convocatoria de folga do 11 de outubro. Esta folga debe converterse nun precedente de como debe articularse o movemento estudantil no Estado Español, buscando sempre a resposta unitaria en todo o estado, xa que, as medidas que nos impoñen os oligarcas aféctannos tanto os galegos como os leoneses. Hai que rachar co chauvinismo e orientar as loitas sempre baixo a bandeira do internacionalismo, sempre apoiando e articulando a loita xunto todos os traballadores contra os capitalistas. Sempre apoiando a loita doutras nacións oprimidas como a nosa.

Os membros de CMC en Santiago as oito e cuarto da maña quedamos diante da facultade de historia e alí xunto a máis xente que foi chegando comezamos a organizar como debían repartirse os piquetes para facer exitosa a folga. Estivemos hasta as nove na porta de historia, apenas viu ningún alumno a clase, os que viñeron foron avisados de que hoxe era un día de loita e non para vir a facultade. A continuación marchamos a axudar os piquetes das universidades do Campus Sur, alí unímonos a un piquete grande que foi facultade por facultade, clase por clase avisando da folga. Por cada aula que pasabamos o piquete ía facéndose máis grande.

As doce fomos a manifestación en bloque, portando bandeiras da organización. Durante todo o recorrido cantáronse consignas de alto contido político contra o capitalismo, na defensa da educación artística e pola liberación dos presos políticos así como consignas contra os recortes na educación. O final da manifestación despois de soar o himno galego procedemos a entoar a Internacional Comunista de forma simbólica.

¡A XUNVENTUDE PLANTA CARA O CAPITAL, OU ELES OU NOS!
¡LOITA OBREIRA E ESTUDIANTIL POLO SOCIALISMO!






Ningún comentario:

Publicar un comentario