luns, 19 de novembro de 2012

Palestina vencerá!

PAREMOS A AGRESIÓN CRIMINAL CONTRA GAZA. SOLIDARIEDADE CON PALESTINA

O PCPE e os CMC condenan o novo agravamento da agresión israelí contra o pobo palestino e o asasinato de dirixentes palestinos. A expectativa dunha posible aceptación de Palestina como membro observador da ONU impulsa ao Estado terrorista de Israel a aproveitar o latente estado de guerra rexional para continuar usurpando chan palestino e reducindo o territorio baixo xestión das institucións palestinas, proseguindo a súa política de feitos consumados nunha dinámica de ampliación das dificultades para unha solución xusta acorde aos dereitos nacionais do pobo palestino.


A guerra mercenaria contra Siria, organizada e financiada pola OTAN, a Unión Europea e os Estados Unidos, co apoio de países árabes estreitamente vinculados ao imperialismo, ameaza con rachar o equilibrio rexional que permitiu a Israel impor a súa ocupación de Palestina. Ademais, os recentes xestos de achegamento a Hamas levados a cabo por Qatar e Exipto, os intentos de desestabilizar Líbano, a posición firme de Irán e o aumento do protagonismo de Turquía (membro activo da OTAN) na rexión son factores que marcan unha tendencia de cambios rexionais a cal impulsa ao Estado sionista a unha permanente política agresiva para consolidar posicións que dificulten o seu cuestionamento como Estado.

O PCPE e os CMC apoian a resposta palestina fronte á política criminal de Israel. A heroica loita do pobo palestino por unha vida digna e segura nun Estado palestino plenamente independente e soberano é unha loita xusta que o PCPE e os CJC acompañarán até a vitoria.

O PCPE e os CMC esixen a intervención do Goberno de España ante o goberno israelí, demandando a suspensión inmediata das operacións militares contra Gaza, o desmantelamento do muro e a retirada da súa poboación e das súas forzas militares e policiais.

O PCPE e os CMC esixen ao goberno de España o apoio de a posición palestina en todas as instancias internacionais e a condena da intervención criminal do sionismo

O PCPE e os CMC chaman aos pobos de España a manifestar a súa solidariedade internacionalista co pobo palestino e a rexeitar a política agresiva e militarista do Estado de Israel e os seus aliados.

18 de Novembro de 2012

Como sempre, a resposta na rua non se fai esperar.



Ningún comentario:

Publicar un comentario