domingo, 11 de novembro de 2012

Homenaxe víctimas do franquismo 11 de Novembro


Os comunistas do PCPE e dos CMC saudamos esta homenaxe aos mártires da loita antifascista. 80 anos despois da proclamación da II República, un paso adiante na Historia que foi brutalmente reprimido polas clases dominantes, en alianza coa Igrexa católica e os militares fascistas, afirmamos que a mellor homenaxe, a memoria viva dos caídos pola causa do pobo traballador, é continuar a súa loita e erguer a súa bandeira.

Recoller o seu legado significa: 

  • Preparar a Folga Xeral  do 14 de Novembro avanzando  no camiño da unidade combatente da clase obreira.
  • Rachar coas estruturas e alianzas da Europa do capital e a guerra, é dicir a saida da UE  e da OTAN
  • Erguer a Frente Obreira e Popular capaz de rematar coa decadente e podre monarquía borbónica pero tamén coa barbarie capitalista e imperialista unindo todas as loitas baixo un programa revolucionario que coloque todas as riquezas baixo o control de quen as producimos e ao servizo das necesidades da maioría traballadora, no proceso da loita polo Poder obreiro para construir unha nova sociedade sen explotadores nin explotados.

Loitamos por unha República Socialista que rematará neste país coa etapa da barbarie, e iniciará a era da civilización. Unha República Socialista na que se fará honra aos centos de miles de vítimas da represión fascista contra a clase obreira,onde  rehabilitarase a súa memoria dunha vez por todas .

¡OS COMBATENTES ANTIFASCISTAS NON MORRERON EN BANO MORRERON DEIXANDO SEMENTE DE VENCER!


Tamen montamos un posto de propaganda




Ningún comentario:

Publicar un comentario