xoves, 31 de outubro de 2013

[Compostela] Comunicado en resposta os ataques á compañeira Tatiana Maseda

Dende CMC-Galiza queremos expresar a nosa solidaridade coa compañeira Tatiana Maseda, membra da asociación estudantil AGIR, que foi represaliada polo decanato da facultade de dereito por asistir á folga do 24 de Outubro e a súa participación nos piquetes, tentando impedirlle o acceso o practicum, condición necesaria pola cal non podería concluir a carreira de Dereito. Por se non fora pouco, tamén se ameazou á compañeira coa apertura dun expediente disciplinario.
Hoxe á tarde o decano da facultade, Luis Miguez Macho debía xuntarse ca compañeira (por petición expresa de Tatiana) pero o decano rexeitou esta via máis “diplomática” para resolver o escandaloso asunto e decide pola contra unha confrontación directa co estudantado da USC que, mostrando unha gran solidariedade, leva feitas xa dúas concentracións diante do decanato nas cales a afluencia do estudantado é notoria.
Esta acción represiva por parte da USC xa non é un caso aillado. Durante o ano pasado os estudantes que parciparon na entrada ó reitorado sufriron unha verdadeira “caza de meigas” sen precedentes en toda a historia da universidade (caso que inda segue pendente), polo cal isto xa forma parte dunha política de intimidación e de reacción con respecto o estudantado máis concienciado da USC.
Podemos observar que a medida que pasa o tempo os recortes en educación estanse agravando. O capitalismo pasa por unha crise estrutural, polo cal trata de compensar a perda do beneficios buscando novos mercados no que sustentarse e así poder saír desta crise. Neste sentido o sistema educativo está a sofrer un proceso de elitización e privatización, sendo a educación universitaria en concreto a máis afectada por estas políticas. Xa sexa por un recorte nos presupostos para as universidades ou ben pola subida de taxas ou polo recorte en becas, á familia da clase traballadora suponlle un esforzo ecnómico enorme ou mesmo inaccesible o mandar os seus fillos á universidade, co cal so poderán acceder a ela os fillos das familias burguesas, que dende sempre teñen as facilidades económicas que lles permite non ser afectados por estes recortes. 
É, por estas razóns, que o estudantado loita sen descanso, acumulando forzas e subindo o nivel de combatividade día a día, para defender os seus dereitos e é por estas razóns e non outras que ollamos cada vez con máis frecuencia estas actividades represivas por parte das institucións burguesas do Estado español, xa sexan de carácter estrictamente represivo, como de carácter máis ideoloxico (como é o caso da universidade).
O decano da facultade, Luis Miguez Macho
Polo tanto dende CMC-Galiza sumámonos a todolos actos de solidariedade que se fagan na USC e facemos un chamamento á participación activa de todo o estudantado da USC para defender os seus dereitos en xeral e o dereito á folga en particular. Facemos un chamamento ao estudantado a organizarse e combater todos estes ataques que se están a perpetrar coa máis absoluta impunidade. Non estamos dispostos a consentir a represión sistematica do estudantado! Pedimos a dimisión inmediata do decano da facultade de dereito Luis Miguez Macho (e a súa correspondente sanción, expulsado para sempre do sistema educativo da USC e do conxunto das universidades de todo o estado) e a rectificación de tódalas ameazas perpetradas por parte do decanato á compañeira Tatiana.


NIN UN PASO ATRÁS CONTRA A REPRESIÓN
FORA FASCISTAS DA UNIVERSIDADE
POR UNHA EDUCACIÓN AO SERVIZO DA CLASE TRABALLADORA

Ningún comentario:

Publicar un comentario