luns, 23 de setembro de 2013

Ante a última agresión fascista (CMC Santiago)


Denunciamos a complicidade do Estado burgués español co fascismo, xa que non é perseguido de ninguna maneira, operando libremente e atacando de forma indiscriminada a todo elemento medianamente concienciado da nosa sociedade. A burguesía sinala e o fascista ataca. 

Desta vez non tivemos que lamentar ningún dano grave a Noel. Pero non debemos crer que lle faltou moito para acabar como o compañeiro Clément, asasinado en xuño en París, tamén nunha accion homófoba perpretada pos fascistas.
O que vemos na nosa cidade está a pasar por toda Europa. Tanto en España, Francia ou Grecia crece a forza do fascismo. Hai uns días en Grecia o rapeiro e activista antifascista Pavlos Fyssas era asesinado, e hai menos de 2 semanas 8 militantes do KKE e da KNE eran brutalmente agredidos. Os autores sempre resultaron ser militantes de Mencer Dourado, o famoso partido nazi grego.

Imos permitir que volva a producirse outro ataque? Imos esperar a ter que chorar amargamente pola perda doutro compañeiro? Esperaremos a ter que saír á rúa para protestar pola morte doutro Pavlos, doutro Clément, doutro Carlos...? 

Dende CMC-Galiza, non imos permitir que se siga descoñecendo este tipo de actividades, nin que as accións fascistas contra os pobos de España, a clase traballadora e a mocidade estudante, queden impunes. Non permitiremos nin o máis minimo avance dun producto paradigmático do capitalismo senil e en descomposición. A Mocedade Comunista da Galiza estamos traballando dende o primeiro momento para frear  e acabar con este tipo de ataques, indiscriminados e completamente reaccionarios. É hora de organizarnos na cidade de Santiago, e alí onde sexa necesario, pra acabar co fascismo.


¡Nin unha agresión máis sen resposta!


¡Alerta antifascista!

Ningún comentario:

Publicar un comentario